Animación á lectura

ESPALLAR TINTA

 

Os mércores e xoves 29 e 30 de marzo, todo o alumnado do centro participará nunha feira de escritura, "Espallar Tinta", que organizamos xunto con outros centros de Infantil e Primaria do Concello de Redondela.

Mércores 29:  participa Infantil, 1º e 2º

Xoves 30: participa 3º, 4º, 5º e 6º

 

No seguinte enlaces podedes ver os horarios de exposición dos distintos grupos: ESPALLAR TINTA (mérgores e xoves)

RADIO PATIO

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e no colexio de Cedeira somos fieis a esta conmemoración, así que, este ano fixemos unha preciosa gravación que inclúe unha canción. Trátase da lectura colectiva do libro "A música da auga" de Anxo Moure e Servando Barreiro e tamén unha canción dese mesmo libro.

Esperamos que vos guste.

Premede no enlace do audio que está ao final.

 

 

No enlace que tede ao final podedes escoitar o audio da gravación do Programa das Letras Galegas 2018 elaborado polo alumnado do colexio.

Que o desfrutedes!

  

Temos aquí a presentación que o alumnado de 6º fixo para participar no concurso escolar da fundación ONCE. Nela xustifican o porque da necesidade de que a escola sexa un lugar de referencia da inclusión.

 

 Nesta ocasión escoitaremos un poema que a alumna de 6º Alexandra Covelo creou para pedir unha escola inclusiva, con motivo da participación no concurso escolar ONCE deste ano. Fixádevos que creatividade nestes versos! Toda unha artista!

 

 A continuación podedes escoitar a entrevista que Mª Jesús, de Radio Redondela, lle fixo a Francesc Bailón, o antropólogo que nos visitou para falarnos do pobo inuit.

ALUMNAS CREADORAS

Hoxe queremos que escoitedes a poesía que leron os alumnos e alumnas de 6º e que escribiu a nosa compañeira Alexandra (tamén de 6º) para enviar ao concurso escolar da ONCE. Unha verdadeira creación poética. Animádevos a participar coas vosas propias poesías.

Contos á luz das cabazas...

Un ano máis atrevémonos a contar contos e microrrelatos á luz das candeas e das arrepiantes cabazas.

Os alumnos e alumnas reuníronse arredor d@s contador@s para escoitar os relatos que fixeron, algúns deles verdadeiramente sanguinarios e cheos de mortos e zombis.

A biblioteca recibiunos engalanada para a ocasión, converténdose nun entorno misterioso e sinistro. Con todo pasámolos moi ben.Vémonos o ano que vén no mesmo sitio.

ABRAHAM CARREIRO

Naceu en Vigo en 1981

Cursou catro anos de estudos en Artes Gráficas na escola Joso de Barcelona e un ano de especialización en ilustración de libros na escola Massana.

Escribiu libros e ilustrounos. Traballa como debuxante e deseñador gráfico.

Libros que ten publicados:

  • Na Colección Contos que len outros nenos do mundo. Editorial A Nosa Terra:
    • A Pel do Crocodilo
    • As espiñas do porco espiño
    • Latcho Drom
    • O cazador de Cambodia
  • Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata- Editorial Sotelo Blanco
  • Na Colección Pequenos Barbanzóns – Editorial Toxosoutos:
    • Peito de Lobo
    • O ladrón de mel
    • Castañas con porco bravo
    • Farrapos de seda
  • A fortuna de Bartolomeu, Xanardán e a becha, Grandes contra pequenos , O corvo do chapapote (Ed. A Nosa Terra);
  • Grandes contra pequenos

Deseñou a mascota Lepi para as bibliotecas do concello de Ames

Ten publicado traballos na revista dixital de humor gráfico “kkrak rebélase o galiñeiro”

Tamén fixo debuxos para o cómic da revista Podem ( www.podem.cat)

Publica unha viñeta mensual para a revista Tempos Novos .

Debuxou a historia de cómic Juppy que Guay premiada na revista do salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.

Pódense atopar máis traballos na páxina da asociación de ilustradores (www.agpi.es) e no blog persoal: www.abrahamcarreiro.blogspot.com

 

LEMOS E DEBUXAMOS COMICS

Unha das últimas actividades da Biblioteca do colexio foi unha exposición sobre o cómic ou banda deseñada. Durante un mes os personaxes dos cómics estiveron na biblioteca, nas aulas e nalgunhas casas e puxémolos a conversar nos nosos traballos. Como estabamos en tempo de entroido, decidimos disfrazarnos dos nosos personaxes favoritos.

Para complementar esta actividade e animarnos a facer a nosas propias creacións, recibimos a visita do escritor e debuxante Abraham Carreiro Fernández. Se facedes clic aquí podedes obter moita máis información del e dos seus traballos.

Abraham ensinounos a debuxar animais e tamén persoas, a partir dos personaxes da novela “Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata”. Explicou aos máis grandes como deseñar os seus cómics e planificar os personaxes das historias. Soupemos que os cómics que máis lle gustaban eran Asterix e Lucky,  Luck.

 O máis emotivo para el foi ver publicado o seu primeiro  libro: A fortuna de Bartolomeu.

Gústalle moito ler banda deseñada de autores europeos e tamén lle gusta o Manga xaponés.

Unha xornada na que os lapis e rotuladores percorrían o papel branco deixando ao descuberto fermosas imaxes.

O Día do Libro

Para conmemorar o Día do Libro, os alumnos e alumnas de 2º de EP contáronnos un conto ben bonito: "A gatiña Morriña", que está baseado no libro "El bosque animado" de Wenceslao Fernández Florez.

Powered by Drupal - Design by artinet