LEMOS E DEBUXAMOS COMICS

Unha das últimas actividades da Biblioteca do colexio foi unha exposición sobre o cómic ou banda deseñada. Durante un mes os personaxes dos cómics estiveron na biblioteca, nas aulas e nalgunhas casas e puxémolos a conversar nos nosos traballos. Como estabamos en tempo de entroido, decidimos disfrazarnos dos nosos personaxes favoritos.

Para complementar esta actividade e animarnos a facer a nosas propias creacións, recibimos a visita do escritor e debuxante Abraham Carreiro Fernández. Se facedes clic aquí podedes obter moita máis información del e dos seus traballos.

Abraham ensinounos a debuxar animais e tamén persoas, a partir dos personaxes da novela “Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata”. Explicou aos máis grandes como deseñar os seus cómics e planificar os personaxes das historias. Soupemos que os cómics que máis lle gustaban eran Asterix e Lucky,  Luck.

 O máis emotivo para el foi ver publicado o seu primeiro  libro: A fortuna de Bartolomeu.

Gústalle moito ler banda deseñada de autores europeos e tamén lle gusta o Manga xaponés.

Unha xornada na que os lapis e rotuladores percorrían o papel branco deixando ao descuberto fermosas imaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet