Deporte escolar

ATLETISMO EN PONTEVEDRA E SOUTOMAIOR

Neste mes de abril participamos nun día de promoción do atletismo que se celebrou en Pontevedra. Foi dirixido ao alumnado de 5º. Tamén celebramos unha nova xornada do Deporte Escolar, neste caso co alumnado de 6º, en Soutomaior. No mes de maio teremos unha nova actividade de atletismo, neste caso para os rapaces/as de 4º de Educación Primaria.

CLAUSURA DO DEPORTE ESCOLAR

O día 23 de maio pechamos a nosa participación no deporte escolar. Xuntámonos no Pavillón de Soutomaior cos compañeiros dos outros centros educativos cos que compartimos varias xornadas deportivas ao longo do curso para practicar diversos xogos.

XORNADA DE PROMOCIÓN DO ATLETISMO

Unha ampla representación do alumnado de 4º de Primaria participou nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra nunha xornada de promoción do atletismo entre os escolares.

As probas foron as seguintes: 60 m lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 m lisos, 1000m lisos e relevos 4x60m. A experiencia foi moi positiva para todos os participantes.

DEPORTE ESCOLAR FEBREIRO 2013

Ao longo do mes de febreiro participamos en dúas xornadas de deporte escolar. A primeira delas tivo lugar no Estadio da Xuventude, en Pontevedra. Alí moitos dos rapaces/as tiveron o seu primeiro contacto cunha pista de atletismo.

Na outra xornada, visitamos aos compañeiros/as do CEIP Curros Enríquez de Pazos de Borbén, paracticando varios deportes. A vindeira xornada levaranos no mes de abril ao Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior.

Facendo clic na imaxe podedes ver varias fotografías das dúas xornadas.

DEPORTE ESCOLAR EN SOUTOMAIOR

O 6 de marzo estivemos compartindo unha xornada deportiva cos compañeiros do colexio Santiago Apóstol, de Soutomaior. Forma parte da programación do deporte escolar. A vindeira actividade desenvolverase no mes de abril no CPI Toural (Vilaboa). Podedes ver aquí algunhas imaxes desta xornada.

DEPORTE ESCOLAR

O mércores día 18 participamos nunha xornada de deporte escolar cos compañeiros do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén. Practicamos bádminton, voleibol, baloncesto, balonmán e fútbol sala. A vindeira xornada terá lugar no mes de marzo. Podedes ver algunha das fotos que fixemos.

 

DEPORTE ESCOLAR

Este mércores, día 14 de decembro, comezaron para o noso alumnado as actividades do programa XOGADE. Visitamos o Pavillón de Soutomaior para participar nunha xornada de "Xogando co atletismo" xunto con compañeiros dos colexios Santiago Apóstol de Soutomaior, CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén e CEIP Toural de Vilaboa.

Se facedes clic aquí ou na imaxe podedes ver as fotografías que figuran na web do Concello de Soutomaior.

ACTIVIDADE DE TAEKWONDO NA ESCOLA

O venres 1 de abril visitounos un monitor na Federación Galega de Taekwondo para realizar unha xornada de promoción dese deporte. A actividade, na que participou o alumnado do segundo ciclo de Primaria enmárcase dentro do programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia.

 

DEPORTE ESCOLAR: VISITA AO CPI DE PAZOS DE BORBÉN

O mércores día 30 de marzo fomos ao CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén a unha nova xornada do Deporte Escolar. Practicamos bádminton, voleibol, baloncesto, balonmán e fútbol sala. O vindeiro 12 de abril desprazarémonos ao concello veciño de Soutomaior, na que será a derradeira xornada na que se disputen os mencionados deportes. No mes de maio haberá un encontro dos catro colexios participantes no pavillón de deportes de Soutomaior.

 

DEPORTE ESCOLAR: ATLETISMO

O día 15 participamos na actividade de atletismo correspondente ao programa

de Deporte Escolar.

No pavillón de  Soutomaior xuntámonos con alumnos/as dos colexios de Pazos

de Borbén, Soutomaior e Vilaboa. Algunhas das probas nas que participamos

foron salto de lonxitude, lanzamento de xabelina, 10x10, carreiras, lanzamento

de balón medicinal,...

O próximo día 28 retomaremos o Deporte Escolar con bádminton, baloncesto,

voleibol, balonmán e fútbol sala. Iremos ao colexio Santiago Apóstol de Arcade.

Powered by Drupal - Design by artinet