II SEMANA STEM no CEIP DE CEDEIRA

Este xa é a 2ª edición da Semana STEM (ciencia, tencoloxía, enxeñaría e matemáticas). Nela toda a comunidade educativa puido disfrutar e aprender cunha chea de experiencias que presentaron todos os cursos do noso colexio. Este ano tamén puideron asistir as familias. 

As experiencias foron de todo tipo: de ciencias, de robótica, de tecnoloxía... e con elas o alumnado non só traballou as capacidades lingüísticas para expoñer e explicar os experimentos, senon que tamén traballaron as matemáticas xa que mediron, cortaron, calcularon, aproximaron... Aprenderon que hai que tomar medidas de seguridade para algunhas accións e comprenderon que o traballo en equipo é beneficioso para o funcionamento da vida e da sociedade.

Unha gran oportunidade que non debemos desaproveitar para poñer en práctica moitas cousas que aprendemos durante o curso. Agardámosvos o vindeiro curso!

 

"PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS"

O alumnado de Cedeira participa no proxecto que desenvolve Afundación cos centros educativos interesados e que consiste en pintar bolsas de tea e tamén un mural.

PLANTANDO ÁRBRLES CON PINCEIS é un proxecto escolar pola sostibilidade que une cultura e coidado co medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente.

Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado do entorno, propoñendo alternativas de ocio que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

As pinturas fotocatalíticas anticontaminación son unhas pinturas que nos só non contaminan, senon que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta).

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Entre as moitas actividades que programamos para esta Semana das Letras Galegas, o alumnado de EI participou nunha busca polo patio das letras que forman o seu nome... e atopáronas.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Celebramos este día tan sinalado cunha poesía de Florencio Delgado Gurriarán cantada a ritmo de rap polo alumnado de Educación Infantil. Disfrutádeo!!

SAÍDA DIDÁCTICA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO E FERVENZA DO TOXA.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, acompañado d@s mestr@s, fixeron unha interesante saída didáctica para coñecer o Mosteiro de Carboeiro en Silleda. Alí, guiados pol@s monitor@s do colectivo de xestión cultural "Tesouros Novos", aprenderon moito deste patrimonio tan senlleiro e sobre os elementos construtivos do mesmo. Despois percorreron o camiño ata a área recreativa de A Carixa en onde comeron e, posteriormente fixeron a ruta ata a fervenza do Toxa. Toda unha xornada completa de aprendizaxes e actividades!

 

Día de Rosalía 2022

 

   

 

Para conmemorar o día de Rosalía, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística deseñaron a actividade “Construímos o xardín de Rosalía”. Nos pétalos dos tulipáns e das margaridas do xardín de Rosalía escribimos os nosos propios poemas adaptados, que xunto coa biografía de Rosalía quedan recollidos nun fermoso programa de radio que podedes escoitar aquí.

 

Radio Cedeira. Homenaxe a Rosalía de Castro.

 

A PAZ CONSTRÚESE CON...

Os nenos e as nenas do cole de Cedeira queren ser constructores de paz, e para iso construíron un pequeno pobo no que habitan unha chea de pombas que levan nos seus corpos mensaxes de Paz. Ademais aprendemos e interpretamos dúas cancións de paz e realizamos a tradicional carreira solidadaria e colaboración coa ONG Save The Children. A recadación da carreira foi de 1.133,20 Euros. Grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa solidariedade.

 

 

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO. JESSICA RODRÍGUEZ PIÑEIRO.

O día 24 de novembro, coincidindo coa véspera do día contra a violencia de xénero, visitounos a mestra Jéssica Rodríguez Piñeiro. Veu a falarnos do seu libro "Peúgo, o calcetín melenudo", que trata a temática da violencia de xénero. Estivo cos nenos e nenas de 6º de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Comezaron cun contacontos, logo fixeron xogos e remataron cunha actividade artística con calcetíns.


 
 

Antes de marchar concedeunos unha entrevista para "Radio Cedeira"

Podedes escoitar aquí a entrevista.

 

Powered by Drupal - Design by artinet