CELEBRAMOS O NADAL 2023

Este ano celebramos o Nadal con varias actividades que podes ver a continuación: Visita da Coca Simona, centros de mesa, actividades cos recursos do Polo creativo.

 

 

XOGADE: CROSS DE ZAMÁNS NO QUE PARTICIPOU O ALUMNADO DE 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º participou no Cross de Zamáns, xunto con outros centro educativos da provincia.

Podedes ver unhas fotos dos participantes, algúns/algunhas dos/das cales quedaron moi ben situados/as no podio e tamén podedes visionar o vídeo que fixeron os organizadores da actividade.

 

MAGOSTO 2023 NO CEIP DE CEDEIRA

Un ano máis celebramos o Magosto... castañas e xogos realizados en grupos interniveis. Degustamos as castañas asadas na "locomotora" e despois, cada equipo participou nos tradicionais: xogo de encestar a castaña, "ourizo-castaña-magosto", buscar castañas agochadas no serrín, pescar castañas, o pano coa castaña e castaña por detrás.

Toda unha tradición que queremos manter.

 

CONTOS Á LUZ DO CANDIL!

Xa imos pola 12 edición dos CONTOS Á LUZ DO CANDIL.

Seguimos celebrando no colexio o Samaín... sabedes por que?

Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno.

Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes.

 

 Este día pasamos moito medoooooo no colexio... porque os compañeiros e compañeiras de 4º, de 5º e de 6º de EP, contaron contos e microrrelatos de medo para o resto dos cursos. A biblioteca  estaba moi decorada para o evento anual e pasámolo... DE MEDOOOOOOO!!!!!!!!

 

 Podes ver o vídeo e tamén escoitar no enlace os audios dalgúns dos contos lidos polos alumnado.

 

 

OBRADOIROS DE COCIÑA "TERRORÍFICA"

Como o proxecto deste ano é "12 MESES - DOCE", aproveitamos para facer obradoiros de cociña de Samaín nos que procuramos empregar alimentos o máis saudables posible. Por iso exprimimos os miolos e preparamos unhas deliciosas viandas. Cada cursos esmerouse en preparalos e iso que esa mesma mañá a primeira hora caeu un lóstrego no pararraios do colexio e estivemos sen luz, sen ordenadores, sen teléfono, sen forno... pero deunos igual... arranxamos como puidemos e saímos adiante!!!

 

 

APRENDEMOS DE NUTRICIÓN NO COLE CON... NUTRICOLES.

Hoxe mércores 25 de outubro, tivemos unha xornada sobre alimentación saudable con Natalia, unha nutricionista do grupo NUTRICOLES. Deu unha charla moi interesante na que tamén participaron as familias, moi interesadas nas alimentación dos seus fillos e fillas.

Fixemos unhas actividades coas que nos demos conta de moitas cousas como: o etiquetado, a composición dos alimentos, as cantidades de azucre, etc.

Gústanos aprender cousas prácticas que nos fagan levar unha vida saudable e tamén darnos conta e reflexionar para estar sans.

 

 

 

OBRADOIRO DE CASTAÑAS COCIDAS

Hoxe, venres 13 de outubro, fixemos un obradoiro de castañas cocidas, aproveitando as que collemos o pasado venres na saída ao monte Vixiador.

Todas e todos explicamos a importancia das castañas, as súas propiedades e como se fai esta receita tan rica. Despois de cocelas repartímolas entre o alumnado do colexio.

SAÍDA DE INICIO DE CURSO AO MONTE VIXIADOR E ARREDORES. CONVIVENCIA DE TODOS E TODAS.

Este venres 6 de outubro aproveitamos o magnífico tempo que estamos tendo para facer unha saída ao monte Vixiador. Toda a primaria participou animadamente e fixemos un monte de cousas.

O alumnado de infantil tamén fixo a súa primeira aventura e foron explorar... "o campito".

Que ben senta saír do cole e disfrutar da compaña de compañeiros/as e amigos/as do cole.

 

PETISCOS DE CABACIÑO

Hoxe, xoves 5 de outubro, fixemos dous pratos a base de cabaciños que colleitamos na nosa horta. Unha crema de cabaciño e minipizzas.

Quedaron moi ricas e, sobre todo, foi un traballo en equipo no que uns, pelaron os cabaciños, outras pelaron patacas, outr@s desfixeron os ramos de ourego (tamén da nosa horta), relaron o tomate, cortaron o queixo e as profes fedellaron cos robot de cociña e máis co forno para elaborar uns gorentosos pratos que fixeron as delicias dos máis reacios... a proba foi que... Non quedou nada!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet