25N: Día Internacional contra a violencia hacia as mulleres.

Realizamos este correlingua sobre a violencia de xénero en colaboración coa actividade proposta polo

 Concello de Redondela.

 

Micoloxía no Ceip de Cedeira. Os produtos que nos dá a terra.

Xornada de Micoloxía con expertos da UVIGO.

Uns especialistas da UVIGO visitáronnos para darnos a coñecer as características dos fungos que nos rodean. Trouxeron varios exemplares e aprendemos as partes que teñen e como tratalos cando os atopamos no campo. Porque somos coidadosos co noso entorno e coa natureza.

 

 

"En liña coa terra". Facemos o caldo e un obradoiro de tintes vexetais.

Colaboramos coa asociación "Amigos da terra" e recibimos a visita de Jacobo, da Horta do Cadaval, que veu axudarnos a facer un caldo e contarnos un conto: "A sopa máis rica do mundo". O alumnado de educación infantil, 1º e 2º de primaria prepararon os ingredientes que despois lle botaron na pota para cocer: repolo, porros, cenorias, apio, patacas, garavanzos, feixóns e col lombarda. Cheiraba que arrecendía e despois papámolo en cadansúa cunca. Rico, rico!!!! que diría Arguiñano.

 

 

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

Un ano máis colaboramos co Banco de alimentos que se achega aos supermercados para facer a "Gran Recollida". Este ano chegaron a recadar 350.000 kilos de alimentos, superando as cifras do ano pasado. E nós estivemos a pé de super para conseguilo.

MAGOSTO no Ceip de Cedeira.

Outro ano, por fin, que celebramos o Magosto como é debido, despois de dous anos de altibaixos...

Participamos nos xogos, organizados polo alumnado de 6º e "papamos" as ricas castañas asadas.

 

PROMOVENDO A IGUALDADE

Estivo no colexio Alba Alonso Feijoo, unha mestra e doutora da UVIGO que desenvolve un proxecto chamado Realkiddys, que promove a igualdade de dereitos e oportunidades e faino partindo dunha infancia única e auténtica. 

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria participaron activamente das propostas que lles fixo, divertíronse e tamén reflexionaron sobre as situacións plantexadas. 

Unha mañá fantástica!

Grazas, Alba!

Debuxo gañador do concurso Tinteiro "en liña coa Terra".

Moitos foron os participantes no concurso para decorar a Tinteiro de acordo co proxecto deste curso "En liña coa Terra".

A elección foi difícil... pero por fin un foi escollido; debuxouno Noa, de 2º EP. Noraboa!

E grazas a tod@s @s participantes!

Os Tinteiros finalistas foron...

 

Samaín no colexio.

Este ano celebramos o Samaín con todas as actividades que faciamos cada curso... disfraces, comida, contos á luz do candil, sustos, decoracións, etc. Como debe ser!

 

Powered by Drupal - Design by artinet