LECTURAS PARA O VERÁN

Como todos os cursos, aquí tedes unhas recomendacións lectoras que vos propoñen desde a biblioteca do colexio e que vos acompañarán no verán. Fai click na imaxe e verás o que che espera...

Que vos gusten!

 

CANDO MERCAR O PRIMEIRO MÓBIL

 Estimadas familias: Facendo click na imaxe teredes acceso ao documento que nos envía a Asociación Érguete sobre o uso das NNTT. Agardamos que sexa de utilidade.

 

OBRA DE TEATRO POR VIDEOCONFERENCIA... O QUE INVENTAMOS!

Como remate de curso, a profe Andrea, de audición e linguaxe, xunto co seu alumnado de 5º fixeron unha obra de teatro á que invitaron aos seus compañeiros e compañeiras da clase. A obra estivo fantástica, os actores e actrices tiñan un vestiario moi adecuado para a situación e os decorados foron moi diversos, tanto como as habitacións de cada un/unha deles/as, ja, ja, ja.

O público estivo moi entregado en todo momento, tanto que mesmo tiveron que repetir a obra por petición dos asistentes.

Un gran espectáculo!

Grazas, Andrea! Grazas Silvia, Mateo, Lucía, Xabi, Auri e Ainhoa!

VIDEO CON LEDICIA

Aquí tedes o enlace para acceder ao artigo do Faro de Vigo no que se recolle a videoconferencia que mantivemos con Ledicia Costas, autora do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta"

https://www.faroeduca.es/actualidad/escarlatina-ledicia-costas-videoconferencia.html?_ga=2.80512279.1288158748.1591687926-1067813268.1590569905  

 

Semana das Letras Galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero  Aquí atoparedes actividades para coñecer a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. A Real Academia Galega salienta da súa figura o seu compromiso galeguista, que o levou mesmo a sufrir cárcere tras a guerra civil; a súa faceta de creador literario nos eidos da poesía, da narrativa e do teatro; o seu labor no campo da historia literaria galega, do que pode considerarse fundador coa monumental Historia da literatura galega contemporánea (1963); o feito de ser o primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e a influencia, nos últimos anos da súa vida, das súas ideas sobre a lingua propia de Galicia.

A traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode rastrexarse nas numerosas institucións e entidades vinculadas á lingua e á cultura galegas das que formou parte ou que recoñeceron o seu labor. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, da Real Academia Galega e da Academia de Ciências de Lisboa, ademais de membro de honra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua (AGAL); dirixiu o colexio Fingoi; participou activamente nas actividades do Grupo Galaxia; foi recoñecido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1984) e declarado Fillo Predilecto de Ferrol (1990).

 

As miñas primeiras Letras Galegas (con vídeos dos Bolechas) 

23 DE ABRIL DE 2020. CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Nun momento tan especial coma este, confinados, alonxad@s d@s amigos e amigas, familiares e coñecid@s, queremos seguir mantendo a normalidade das celebracións e que mellor que un libro para acompañarnos ao longo dos días. 

As nosas amiguiñas e os nosos amiguiños recoméndannos as súas lecturas preferidas.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet