ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (novembro de 2022)

O pasado martes 8 de novembro constituíuse a Xunta Electoral que organizará e supervisará as eleccións ao Consello Escolar.

Compoñentes da Xunta Electoral:

-Óscar Riobó Dios (pai)

-Diego Blanco López (mestre)

-José Luis Ojea Veloso (director)

Durante o mes de novembro haberá eleccións ao Consello Escolar tanto no sector das nais e pais coma no sector do profesorado. Xa está exposto no taboleiro de anuncios do Centro o censo de pais e nais para quen desexe comprobalo. As reclamacións ao censo poderanse presentar ata o xoves 17 de de novembro.

O prazo de presentación de candidaturas vai do 11 ao 18 de novembro. Aqueles pais e nais que queiran presentarse deberán cubrir o impreso correspondente que poden solicitar na secretaría da escola ou descargalo da páxina web. Renovaranse dous pais/nais e dous mestres/as. É imprescindible a presenza de pais nais no Consello Escolar. 

 

A xornada electoral será o martes 29 de novembro en horario de 8:45 a 9:15, de 13:40 a 14:10 e de 17:15 a 18:30

 

O luns 21 de novembro ás 9:00 horas realizaremos o sorteo para escoller os país ou nais que terán que estar na mesa electoral.

AdxuntoTamaño
IMPRESO DE INSCRICIÓN CANDIDATO-A PAIS-NAIS.pdf260.51 KB

Powered by Drupal - Design by artinet