Skip to Content

III CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA

 

Este ano o centro participa na organización, xunto con outros centros do Val Miñor,  no  III CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA.

Temos o pracer de comunicarvos que o noso alumnado está entre os premiados  con dúas mencións.

Á entrega de premios e diplomas de mencións  estades todos e todas convidados.

 

Será no Auditorio do Concello de Nigrán, o día 21 de xuño ás 20:00 horas, coa actuación do grupo DAKIDARRÍA.

                                    Non o podedes perder!!!

 

POEMAS PREMIADOS E MENCIÓNS

POEMAS PRESENTADOS POLO CENTRO:

POEMAS 1

POEMAS 2

                                           

 

REUNIÓNS DE FIN DE CURSO COAS FAMILIAS

Estimadas familias,

Xa se achega o final do curso e para valorar o presente curso,  achegar algunhas recomendacións para o verán e enfocar o novo curso 2022/2023, queremos ter unha reunión coas familias.

Estas reunións terán lugar o martes 21 de xuño, no lugar abaixo indicado, dependendo do nivel educativo no que se atopen os vosos fillos/as.

 

        COMEDOR          BIBLIOTECA          AULA DE NATUREZA
    16:00      1º A E B    2º A E B        3 ANOS
17:00   3º A E B    4º A E B        4 ANOS A E B
18:00   5º A E B    6º A E B        5 ANOS

 

 

 

TEATRO " O POETA DE VALDEORRAS " FLORENCIO DELGADO

No arquivo adxunto  deixámosvos a autorización para a asistencia á obra de teatro.

FESTA DA BICICLETA

https://concellodegondomar.gal/images/Cartel_web.jpg

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

SAÍDA AO RÍO MIÑOR. DE PONTE A PONTE

Esta semana, martes e mércores, retomaremos o Proxecto Ríos coa segunda saída. Participará con todo o alumnado do centro.

Se necesitades imprimir a autorización  deixámola aquí abaixo.

 

AUTORIZACIÓN DE INFANTIL.

AUTORIZACIÓN DE 1º E 2º DE  PRIMARIA

AUTORIZACIÓN DE 3º E 4º DE  PRIMARIA

AUTORIZACIÓN DE 5º E 6º DE  PRIMARIA

 

CAMPUS SEMANA SANTA SOLIDARIO

Gondomar abre hoxe o prazo para inscribirse na X Edición do Campus Semana Santa Solidario.

Regresa un ano máis a Gondomar o Campus Multideporte Solidario de semana Santa, Organizado pola Concellaría de Deportes e dirixido aos pequenos da casa, con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, estas desenvolveranse en instalacións deportivas do noso Concello, os dias 11, 12 e 13 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O prazo de inscrición abrirá hoxe xoves 24 de marzo, e prolongarase ata o 7 de abril, no pavillón municipal Bernabé Costas De Miranda, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

As veciñanzas interesadas en anotarse, deberán achegar como mínimo dous quilos de alimentos non perecedoiros, para o Banco de alimentos Municipal.

Diversión, hábitos saudables e solidariedade, nunha actividade que tamén busca atender a demanda das familias para conciliar.

III CERTAME DE POESÍA

 

 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER 2022

Queridas familias:

Con motivo da celebración o próximo 8 de marzo do Día Internacional da Muller querémosvos propor unha actividade para facer  en conxunto coas familias.

A proposta é facer un bookface dun libro ou conto que teñades na casa escrito por mulleres.

Que é un bookface preguntaredes?

Pois consiste en encaixar a cara dos nenos e nenas ou algunha parte do seu corpo na portada dun libro. Aquí vos deixamos algúns exemplos para que vos sirvan de referencia.

Con todas as fotos que nos enviedes ao correo do centro ata o luns día 7 faremos un video co que festexaremos o papel da muller na literatura.

Te animas a participar con nosotr@s? BOOKFACE - Día del Libro (23 de abril)  - C.E.I.P. Princesa SofíaLas mejores respuestas al desafío #BookFace - Mundo Risas

Contamos con vós!

O equipo de biblioteca

VISITA VIRTUAL AO CENTRO

Distribuir contido


by Dr. Radut