Skip to Content

FESTA DA BICICLETA

Un ano máis, e xa van 33 edicións, chega a Festa da Bicicleta do Val Miñor. Este ano a organización da proba correrá a cargo do Concello de Gondomar de onde partirá a ruta o 17 de maio ás 10:oo horas. O punto de encontro establecese na Praza Paradela. Posteriormente o pelotón dirixirase a Nigran e Baiona e regresará ao punto de inicio na Praza do Concello de Gondomar.

O punto de encontro para os ciclistas de Nigran estará situado no Pavillón de Panxón ás 11:00 horas e o de Baiona a mesma hora no Parque da Palma.

Ás inscricións poderánse realizar en cada un dos puntos de encontro desde 40 minutos antes da hora de salida.

Na praza Paradela haberá un punto de reparación con persoal especializado para que todo aquel que o desexe poida revisar a súa bicicleta antes de iniciar a marcha.

Todos os inscritos participarán no sorteo de tres bicicletas, unha por cada un dos concellos participantes ademáís de outro material deportivo.

Poden participar todas as persoas maiores de 7 anos. Están excluidas as bicicletas con ruedines. O uso do caso é obrigatorio.

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS- O HIMNO GALEGO

O vindeiro luns 8 de maio imos realizar unha gravación con todo o alumnado do centro do Himno Galego. Déixovos por aquí un vídeo para que poidades practicalo.

 

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe día 2 de maio conmemórase o DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

Colección de vídeos para traballar o acoso escolar na aula. ENLACE

A continuación achégase recomendacións do Departamento:

Tras o seu visionado proponse facer un debate sobre o tema e/ou reflexión co grupo.

 

CHANO NEWS 2

TELEXORNAL SEMANAL DO CHANO PIÑEIRO

 

 

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

"Plantando árbores con pinceis" é un proxecto escolar organizado por Afundación para a sustentabilidade que une a cultura e o coidado do medio ambiente a través da realización no centro  mural artístico, vo e ecolóxico con pinturas fotocatalíticas, que absorben e depura os contaminantes que hai no aire, como óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e do tráfico rodado ( cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega unha árbore adulta ao medio).

Unha iniciativa innovadora que spretende achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa. Esta actividade está relacionada coa commemoración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro 5 de xuño.

Este foi o resultado do mural pintado no patio de entrada ao centro polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, dentro da mesma temática deseñou bolsas de tea.

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2022/2023 foron asignadas con praza. 

Formalización da matrícula.

O alumnado admitido, formalizará a súa matrícula no correspondente centro docente nos prazos seguintes:

a) O alumnado de educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

b) O alumnado de educación secundaria obrigatoria do 23 ao 7 de xullo.

Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

O computo de prazas para cada curso queda da seguinte maneira:

 
 

 

 

 

GONDOVERÁN 2023

O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para o campamento de verán “Gondoverán” que se desenvolverá durante o mes de xullo.

O prazo de solicitudes establecese dende o 26 de abril ata o 9 de maio. ATOPAREDES  TODA A INFORMACIÓN, IMPRESOS E BASES NO SEGUINTE ENLACE.

OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN CON PLANTAS NATURAIS

O alumnado de educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria está a realizar, os xoves,  un obradoiro de estampación con plantas naturais.

 

SEMANA DO LIBRO- VISITA DE MARÍA PÁJARO

Esta semana conmemoramos o día do libro. A  autora nigranesa María Pájaro veu ao centro a contar ao alumnado de 5º e 6º a súa experiencia como escritora. Acaba de presentar o seu primeiro libro "Quen é a nena?" 

É un libro de carácter biográfico que demostra que todos somos iguais independentemente da lingua, que ten que ser falada para evitar a súa desaparición. Da clase social que, por desgraza, non determina o valor persoal de cada quen. O libro trata da riqueza cultural dos nosos refráns e do valor de achegárnos ás persoas que realmente nos queren.

Tamén lle fixo un xogo con preguntas sobre o libro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

"Só a lembranza de onde veño me axuda a saber cara onde vou"

 

OBRADOIRO DE TEATRO

Neste recuncho atoparedes os vídeos das obras de teatro que se interpretaron no segundo trimestre.

Pincha no seguinte enlace e goza coas interpretacións do alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto.

Distribuir contido


by Dr. Radut