Skip to Content

BECAS NEAE

Está aberto o prazo para que as familias con alumnado con necesidade educativa especiais, que cumpra os requisitos incluídos na información que se achega, poidan solicitar a beca e/ou as axudas do Ministerio de Eduación e Formación Profesional.

O prazo para a súa solicitude comezou o 8 de maio do 2023 e remata o 20 de setembro do 2023.

Para ampliar a información:

  • Enlace á páxina web onde se recolle toda a información das becas NEAE do MEC: 
  • Documento coas instruccións da convocatoria.

ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro mércores 21 de xuño ás 19:00 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 19:30 horas nas mesas de fora na porta do comedor, coa seguinte orde do día:

  • Lectura da acta anterior e aprobación se procede
  • Estado das contas
  • Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA neste curso e no próximo. - piscina (Valadares e Ramallosa) - Teatro - Inglés - Aula madruga dende ás 7:30 horas. - Tenis
  • Xestión levada a cabo co Centro Educativo, problemas coa pista, comedor escolar, conserxes.
  • Cómo facerse soci@ da ANPA. Carnets de socios. Ventaxas. Informar da necesidade de darse de alta como socio en ANPAFACIL.
  • Aclaración sobre a excursión de Amarantes.
  • Necesidade de renovación de cargos na xunta directiva.
  • Devolución das fianzas aula madruga e votación da posibilidade de cambio na xestión do servizo.
  • Rogos e preguntas.

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME BEATRIZ DA SERRA

DÍA 2- SAÍDA FIN DE ETAPA

VIAXE DE FIN DE ETAPA. 6º PRIMARIA.

O alumnado de sexto de Educación Primaria está na saída de fin de etapa no Grove.

 

CONMEMORACIÓN LGTBIQ+

Achego diferentes materiais para traballar diferentes aspectos o día LGTBIQ+:

Enlaces sobre a normativa europea e a autonómica en Galicia.

CURTAMETRAXES PARA TRABALLAR CON ED. INFANTIL E PRIMARIA: ENLACE

LIBROS/ MANUALES  PARA FAMILIAS: ENLACE

 

FOTOS DO ALUMNADO DE 6º ED. PRIMARIA NO CENTRO OS PEARES

Entrar na seguinte páxina web.

Spring Week - Quenda 8 - PEARES (centropeares.es)

Poñer o contrasinal que se vos achegou por Abalar.

Páxina de Agueiro con fotos e vídeos 

EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE AMARANTE

                   

Organizada pola ANPA Pousa de Fontán o día 24 de Xuño.

Anímate a participar nunha xornada lúdica coa túa familia ou amigos.

DESCARGA A FOLLA DE INSCRIPCIÓN AQUÍ

PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR * TELEXORNAL*

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do obradoiro de Radio e TV, o venres día 19 de maio, creou e gravou o seu telexornal. Deixámosvos aquí o resultado. Temos moitos locutores e locutoras do futuro. Encantoulles a experiencia.

DÍA DE EUROPA

O día 9 de maio conmemoramos o día de Europa. A actividade organizada polo equipo Pluri consistíu na investigación da cultura de diferentes países que conforman a Unión Europea.

Este foi o resultado:

Distribuir contido


by Dr. Radut