Skip to Content

DESFILE DE ENTROIDO 2024

Estimadas familias:

O vindeiro venres día 9 de febreiro celebraremos o Entroido. Como a previsión e de moita choiva  realizaremos  o desfile no propio cole.

Para unha mellor organización e para que poidades asistir todas as familias  será en dous pases.

  • Primeiro pase para as familias de Educación Infantil, 1º e 2º ás 10:00 da mañá.
  • Segundo pase para as familias de  3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ás 11h.

Aquelas familias que teñan fillos ou fillas  en varios grupos poden elixir o pase que mellor se adapte as súas necesidades. Desfilaremos todos os grupos en ambos pases.

Como fixemos en anteriores ocasións merendaremos todos por ciclos. Para poder levar a cabo as merendas  precisamos da vosa colaboración e que cada un/unha aporte algo da seguinte maneira:

 

INFANTIL: 

           

4º Ed. Infantil (3 anos) Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.  

5º A Ed. Infantil (4 anos) Doces típicos de Entroido

5º B Ed. Infantil (4 anos) Brochetas de froitas variadas (4)

6º Ed. Infantil ( 5 anos)  Bocatas pequenos ou sandwichs (4)

 

PRIMARIA:

 

1ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

1ºB  Doces típicos de Entroido

2ºA Brochetas de froitas variadas (4)

2ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.

 

3ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4)

3ºB Doces típicos de Entroido

4ºA Brochetas de froitas variadas (4)

4ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a

 

5ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

5º B Doces típicos de Entroido

6ºA Brochetas de froitas variadas (4)

6ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.   

 

Moitas grazas unha vez máis pola vosa colaboración.

 

 

 

 

 

MECO DO ENTROIDO 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

ORDES DO MECO

PLAN INTEGRAL SOBRE ACOSO E CIBERACOSO

Os centros educativos galegos caracterízanse polo seu alto grao de inclusión educativa.

O sistema educativo galego valora a diversidade e esfórzase por garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

Os equipos docentes son proactivos e constitúen unha peza importante para promover cambios positivos nas comunidades.

Con este Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, a Xunta de Galicia establece como prioridade impulsar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que nos centros educativos o alumnado se sinta valorado e protexido.

Nun contexto de convivencia en termos xerais positivo, os esforzos da Xunta de Galicia van encamiñados a erradicar o acoso escolar en todas a súas formas, promovendo unha cultura de respecto, empatía e tolerancia. Preténdese fomentar o desenvolvemento integral do alumnado, brindándolle as ferramentas necesarias para previr e enfrontar o acoso escolar.

O obxectivo é que cada neno, nena e adolescente se sintan seguron ao expresarse, sen temor a seren vítimas de intimidación nin de calquera outra forma de violencia. Esta concepción implica a colaboración activa de todos os membros da comunidade educativa, incluíndo as familias, os docentes e o resto do persoal presente nos centros educativos, pero tamén a doutros axentes da sociedade que, en maior ou menor medida, teñen un contacto directo con menores, como acontece nos momentos de lecer ou no ámbito deportivo. A pretensión da Xunta de Galicia é crear conciencia sobre o impacto negativo do acoso escolar e promover a importancia da empatía e o respecto mutuo.

O PLAN DE ACOSO E CIBERACOSO COMPLETO

ESCOLA DE FAMILIAS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2022/23

O ALUMNADO DE 1º E 2º VISITA A EXPOSICIÓN "VIGO NO TEMPO"

SOLICITUDE DE RESERVA

PRAZO DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

     PARA ASISTIR AO IES AUGA DA LAXE                                

 DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO

       ( Para o alumnado de 6º de Primaria)

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos.                        

Pasos a seguir:

1.-Imprimir a solicitude de reserva. Levan unha copia do centro xunto co Anexo 1 BIS

2.-Cumprimentar a solicitude. Recordar que ten que ser en letra lexible.

3.-Asinar a solicitude para a consulta dos datos da unidade familiar.

4.-Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

Podédes enviala polo alumnado  e enviarase un xustificante de entrega no centro. 

Aplicación Admisión Alumnado para facer a solicitude de xeito telemático.

O alumando que non queira facer reserva de praza no IES AUGA DA LAXE deberá presentar  a solicitude de admisión,  no centro que elixa para cursar a ESO, do 1 ao 20 de Marzo.

 

SAÍDA DE NADAL CORREOS E CHOCOLATADA NA CAFETERÍA CRISTALEIRO

 
EDUCACIÓN INFATIL
 
PRIMEIRO ED. PRIMARIA
Distribuir contido


by Dr. Radut