Skip to Content

PERCORRIDO POLA RÍA DE VIGO 6ºP

Nesta saída o alumnado acudíu ao Porto de Vigo realizando un percorrido pola Ría de Vigo con monitores/as especializados nunha embarcación con todos os avances tecnolóxicos para achegar ao alumnado á riqueza do noso ecosistema mariño único.

Obxectivos didácticos:

  • Coñecer a xeografía da Ría de Vigo.
  • Valorar a riqueza do ecosistema mariño.
  • Coñecer e valorar a riqueza das bateas de mexillón.
  • Observar in situ diferentes especies de animais invertebrados mariños.
  • Observar a composición dunha mostra de plancto mariño.
  • Valorar a importancia que ten para a vida dos seres vivos o coidado dos elementos da paisaxe máis próxima.
  • Enriquecer as relacións sociais dentro e fóra da aula.
  • Gozar dunha xornada de aprendizaxe e lecer.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

Para que poidades conciliar e organizarvos mellor, informámosvos do calendario escolar para o curso 2023-2024, publicado na:

Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Fondo Solidario, axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024

ORDE DO 10 DE MAIO DO 2023, PUBLICADA O 19 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN  NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E  A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

Prazo para presentar solicitudes iniciase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño. 
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, ou a Chave 365.
 
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial nos centros docentes
 
 ENTREGA DE SOLICITUDES EN HORARIO DE 9:00 A 9:45, NON SE RECOLLERÁN SOLICITUDES ENTREGADAS POLO ALUMNADO.
  
O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá presentar a súa solicitude no IES no que cursarán a ESO.
 
A solicitude será única  por familia  do alumando  que estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2022/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. 
 
 
MODALIDADES:
 
* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º e 6º de Primaria, cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Poden solicitar igualmete axuda de material.
 
* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.
 
* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado  que curse, no 2023/24 Educación Primaria.
 
REQUISITOS
  1. Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2022/2023 antes do 16 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  2. Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.
  3. A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.
 
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
 
  • Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexar os datos.
  • Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:
  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  2. Cerificado ou volante de convivencia.
  3. Infome dos servizos sociais.
  • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.
  • Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2019, cando non autorice a consulta telemática.
  • Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volente de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS


 A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º e 4º de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.

Axuda para material escolar.

A contia da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria será a seguinte:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000€: 75€
  • Renda per cápita familiar superior a 6000€ e igual ou inferior a 10.000€: 60€
  • O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE aou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda por importe de 75€ con independencia da renda.

 

ENLACE A PREGUNTAS FRECUENTES

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas permítenos cada ano viaxar a un capítulo da nosa memoria colectiva, tempo de nós, que recuperamos a través da persoa á que lle dedicamos a celebración. Nesta ocasión a significación é dupla. Por unha banda, a personalidade e a obra de Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010), unha das grandes figuras da resistencia e a revitalización cultural do galeguismo despois da guerra civil, cofundador da editorial Galaxia e doutras moitas iniciativas a prol da recuperación da lingua e a identidade de Galicia: editor, publicista, antólogo, memorialista, ensaísta, viaxeiro, narrador de ficcións, autor dunha inxente correspondencia coas personalidades máis sobranceiras da cultura galega do seu tempo, político cando puido selo, editorialista, orador brillante, crítico literario, xestor de empresas culturais… Unha vida dedicada enteiramente ao seu país. Corazón e pulmón.

Atoparás maís información no seguinte enlace.

O centro tamén traballou o Himno Galego co alumnado. Aquí vos deixamos o vídeo co resultado.

 

VISITA AO IES AUGA DA LAXE DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

O pasado venres día 12, o alumnado de 6º de Ed. Primaria visitou o IES Auga da Laxe. 

Os obxectivos da visita foron:

  • Posibilitar a transición fluida do alumnado entre as dúas etapas educativas.
  • Fomentar o proceso de acollida e de integración  no instituto para evitar situacións de inadaptación, de ansiedade, procurando responder as súas inquedanzas para evitar preocupacións innecesarias.
  • Favorecer o coñecemento do novo centro e procurar un adecuado grao de comunicación entre o alumnado e o novo centro.
  • Coordinar as actuacións titoriais dos dous centros.

Que fixeron alí?

10:00 h recepción e benvida. Visita polas instalacións do centro.

11:10 h Un grupo fixo plástica e realizaron unha actividade conxunta e o aoutro aistíu a un concerto interpretado polo alumnado do instituto na Aula de Música. Intercambiaronse os grupos.  Déixovos os enlaces aos  concertos. CONCERTO 1, CONCERTO 2

12:00 h Charla no salón de actos de orientación académica onde explicaron as características da nova etapa e respondendo ás dúbidas do alumnado.7

12:30  h Pincho a cafetería e foto final.

Deixámosvos algunhas imaxes da saída.

 

 

COMO MELLORAR A AUTOESTIMA

Desarrolla tu Autoestima : "Las 10 claves de la autoestima" | UC3M

AQUÍ deixamos unhas pautas para as familias e reflexións para mellorar a autoestima do alumnado.

PAUTAS PARA FAMILIAS CON ALUMNADO CON DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

Qué son las dificultades de aprendizaje? – ASOCIACIÓN ADHIN
AQUÍ  Encontrás un documento con pautas para las familias  sobre as dificultades de aprendizaxe.

 

OBRADOIRO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: COMPETENCIAS SOCIAIS

Adicamos o mes de marzo a desenvolver e afianzar as competencias socioemocionais no alumnado dos cursos de 3º e 4º de primaria  a través do OBRADOIRO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS SOCIOEMOCIONAIS. A finalidade deste Obradoiro foi a de:  

                • Favorecer o seu autocoñecemento.
                • Fortalecer a confianza en si mesmos.
                • Fomentar un maior coñecemento e xestión das propias emocións.
                • Aprender estratexias de xestión emocional e flexibilidade mental.
                • Aumentar o nivel de resiliencia e a adaptación positiva aos cambios.
                • Identificar as emocións nos demais (empatía).
                • Desenvolver a comunicación emocional nas relacións sociais.

OBRADOIRO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: DROGODEPENDENCIA

Onte e dentro do programa de prevención da drogodependencia os cursos de 6º tiveron unha formación desenvolta por profesionais da asociación Amaina coa que: 

- Promover unha mellor comprensión dos problemas causados polas drogas, así como dos factores que levan  ao seu consumo.
- Traballar nas crenzas e actitudes dos nenos e nenas.
- Proporcionar pautas educativas e alternativas para a prevención de conflictos e conductas de risco por parte da poboación adolescente no contexto familiar e académico.

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Onte nos cursos de 5º tiveron unha formación en Coeducación desenvolta por profesionais da asociación Amaina  coa que: 

- Fomentar entre o alumnado estratexias educativas que favorezan a prevención.
- Fomentar o uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación, limitando o acceso a contidos non adecuados e desenvolvendo unha actitude crítica ante os mesmos.
- Coñecer e ser capaz de pór en práctica formas eficaces de previr os riscos
- Informar e asesorar dos perigos que conleva a posta en práctica de conductas de risco.


Distribuir contido


by Dr. Radut