Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

ORDES DO MECO

PLAN INTEGRAL SOBRE ACOSO E CIBERACOSO

Os centros educativos galegos caracterízanse polo seu alto grao de inclusión educativa.

O sistema educativo galego valora a diversidade e esfórzase por garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

Os equipos docentes son proactivos e constitúen unha peza importante para promover cambios positivos nas comunidades.

Con este Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, a Xunta de Galicia establece como prioridade impulsar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que nos centros educativos o alumnado se sinta valorado e protexido.

Nun contexto de convivencia en termos xerais positivo, os esforzos da Xunta de Galicia van encamiñados a erradicar o acoso escolar en todas a súas formas, promovendo unha cultura de respecto, empatía e tolerancia. Preténdese fomentar o desenvolvemento integral do alumnado, brindándolle as ferramentas necesarias para previr e enfrontar o acoso escolar.

O obxectivo é que cada neno, nena e adolescente se sintan seguron ao expresarse, sen temor a seren vítimas de intimidación nin de calquera outra forma de violencia. Esta concepción implica a colaboración activa de todos os membros da comunidade educativa, incluíndo as familias, os docentes e o resto do persoal presente nos centros educativos, pero tamén a doutros axentes da sociedade que, en maior ou menor medida, teñen un contacto directo con menores, como acontece nos momentos de lecer ou no ámbito deportivo. A pretensión da Xunta de Galicia é crear conciencia sobre o impacto negativo do acoso escolar e promover a importancia da empatía e o respecto mutuo.

O PLAN DE ACOSO E CIBERACOSO COMPLETO

ESCOLA DE FAMILIAS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2022/23

O ALUMNADO DE 1º E 2º VISITA A EXPOSICIÓN "VIGO NO TEMPO"

SOLICITUDE DE RESERVA

PRAZO DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

     PARA ASISTIR AO IES AUGA DA LAXE                                

 DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO

       ( Para o alumnado de 6º de Primaria)

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos.                        

Pasos a seguir:

1.-Imprimir a solicitude de reserva. Levan unha copia do centro xunto co Anexo 1 BIS

2.-Cumprimentar a solicitude. Recordar que ten que ser en letra lexible.

3.-Asinar a solicitude para a consulta dos datos da unidade familiar.

4.-Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

Podédes enviala polo alumnado  e enviarase un xustificante de entrega no centro. 

Aplicación Admisión Alumnado para facer a solicitude de xeito telemático.

O alumando que non queira facer reserva de praza no IES AUGA DA LAXE deberá presentar  a solicitude de admisión,  no centro que elixa para cursar a ESO, do 1 ao 20 de Marzo.

 

SAÍDA DE NADAL CORREOS E CHOCOLATADA NA CAFETERÍA CRISTALEIRO

 
EDUCACIÓN INFATIL
 
PRIMEIRO ED. PRIMARIA

REPRESENTACIÓN DE TEATRO ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

Bo día,
Dende o ANPA queremos convidarvos a asistir o mércores 20 de decembro ás 16:00 horas á Xornada de Portas Abertas da actividade extraescolar de teatro para desfrutar dunha pequena representación que prepararon os peques con moito agarimo na biblioteca do centro. 
                                              Grazas!

 

 

NOTIFICACIÓN: FESTIVAL E MERENDAS DE NADAL

Estimadas familias, 

Poñémonos en contacto con vós para informar que o vindeiro 21 de decembro terá lugar no cole  o FESTIVAL DE NADAL.

As actuacións serán gravadas e publicitadas na páxina web. 

Comentarvos tamén que o alumnado desfrutará dunha merenda compartida e unha festa para celebrar o “Fin de Ano 2023” cos seus compañeiros e compañeiras. Poderán vir vestidos con roupa “elegante” para despedir o trimestre e o ano como se merece.

Para poder levar a cabo as merendas compartidas precisamos da vosa colaboración e que cada un aporte algo da seguinte maneira:

 

INFANTIL:             

4º Ed. Infantil (3 anos)  Doces típicos de Nadal

5º A Ed. Infantil (4 anos) Brochetas de froitas variadas (4)

5º B Ed. Infantil (4 anos) Bocatas pequenos ou sandwichs (4)

6º Ed. Infantil ( 5 anos) Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a. 

PRIMARIA:

1ºA Doces típicos de Nadal

1ºB  Brochetas de froitas variadas (4)

2ºA Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.

2ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

3ºA Doces típicos de Nadal

3ºB Brochetas de froitas variadas (4)

4ºA Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.

4ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

5ºA  Doces típicos de Nadal

5º B Brochetas de froitas variadas (4)

6ºA Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a. 

6ºB   Bocatas pequenos ou sandwichs (4)

 

Moitas grazas unha vez máis pola vosa colaboración.

 

Un saúdo e boas festas.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut