Skip to Content

Secretaría

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

 

                                                       

Recordar que o prazo para a formallización da matrícula para o curso 2023-24 é:

  • Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Descarga aquí o impreso de matrícula

Documentación a presentar co documento de formalización da matrícula:

  • Certificado do padrón
  • Certificado médico
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Dúas fotografías.

Se xa presentaches a documentación coa admisión non tes que volver presentala.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

Para que poidades conciliar e organizarvos mellor, informámosvos do calendario escolar para o curso 2023-2024, publicado na:

Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

FELICITACIÓN DE NADAL

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está previsto que se publique a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

As familias poden recoller o vale de 25€ na secretaría do centro a partir do 17 DE OUTUBRO.

Recordamos que o horario de secretaría é de 9:00 a 9:45 horas.

O vale debe empregarse  na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

O centro deberá levar un control dos vales que entrega ás familias xa que no suposto de extravío pola familia ou pola libraría, nunca se expedirá un duplicado.

Non se entregarán  en ningún caso ao alumnado.

No caso de que sexa outra persoa distinta á solicitante quen recolle o vale, deberá traer a correspondente autorización  xunto co DNI da persoa solicitante.

SALTO ÁS REDES SOCIAIS

Estimadas familias:

Este ano queremos avanzar un pouquiño máis nas  novas tecnoloxías e decidimos mostrar o noso traballo a través das redes sociais. Dende hoxe podédes buscarnos en Facebook e en Instagram  como Ceip Chano.  Queremos informar de que en ningún momento se subiran fotos do alumnado e que toda a información tamén a poderedes consultar en Abalar ou na Páxina Web do centro.

Con esta iniciativa pretendemos chegar máis aló da comunidade educativa, dar a coñecer o centro  e que se coñeza o traballo e os proxectos que levamos a cabo. 

 

Unha aperta,

 

                 O EQUIPO DIRECTIVO

DESCONTO DOS ACTIVITY BOOK DE INGLÉS

Este ano a editorial Macmillan ofertou ás familias un desconto do 25 % ao mercar os ACTIVITY BOOK  PARA  2º, 3º E 4º DE PRIMARIA  ou o libro de 3º de PRIMARIA.

Aquelas familias que   desexen mercar  este material  online deben facelo no seguinte enlace e logo introducir o código do cupón desconto.

Se tedes algunha dúbida enviade un correo electrónico  ao centro.

ENLACE WEB: https://tienda.macmillan.es/2832-heroes 

CUPÓN: 2125883CHA25

DURACIÓN DEL CUPÓN:  1 JUNIO 2021-30 OCTUBRE 2021

GASTOS DE ENVÍO: NO APLICA

ISBN TÍTULOS A LOS QUE SE APLICA:

978-0-230-49313-1 HEROES 2 Pb

978-1-380-05527-9 HEROES 3 Ab

978-1-380-00854-1 HEROES 3 Pb

978-1-380-05529-3 HEROES 4 Ab

 

 

MODIFICACIÓN DAS RUTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

Estimadas familias:

Como sabedes a estrada que  baixa polo Pazo do Conde (R/ Pousada) está en mal estado, supoñendo un risco o paso continuo do transporte escolar.

A dirección do centro, acordou, en colaboración coa empresa de transporte  LUGOVE e contando coa autorización do Servizo Territorial de Transporte, a modificación das rutas de trasporte 159 "MAÑUFE"  E 160 "ESTRADA".

O cambio implica a recollida do alumnado da parada de Estrada ás 8:10 h e o regreso do mesmo alumnado no transporte de Mañufe.

Con esta modificación conseguiremos que ningúnha ruta pase pola RÚA POUSADA.

Esta modificación manterase mentres non se arranxe a estrada e nos aseguren a seguridade do alumnado.

 

Unha aperta,

                  O Equipo Directivo

 

 

HORARIOS DE SAÍDA

O alumnado do centro sairá de forma escalonada:

Alumnado transportado

Gondomar Villaza (13:45)

Gondomar Nande (13:50)

Gondomar Torre (13:55)

Gondomar Razas (14:00)    

Terán que ter en conta esta orde de saída para recoller ao alumnado transportado pois chegarán nalgúns casos con antelación as respectivas paradas.

Alumnado non transportado

Educación Infantil: 13:45 horas polas portas das súas aulas

1º e 2º de Primaria: 14:00 horas polas portas de secretaría.

3º e 4º de Primaria : 14.05 horas pola cancela lateral.

5º e 6º de Primaria: 14:05 horas polo portalón grande.

 

HORARIOS DE ENTRADA

O alumnado entrará de xeito escalonado dende ás 08:45 h ás 09:10 h.

 

Alumnado transportado. Temos 4 rutas de bus:

8:45 Mañufe

8:50 Vilaza

8:55 Torre

9:00 Cole Vello

Entrada  do alumnado non transportado

 

De 8:45-8:50 alumando de 5º e 6º

De 8:50-8:55 alumnado de 3º e 4º

De 8:55-9:00 alumnado de 1º e 2º

De 9:00 a 9:10 Educación Infantil

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut