Skip to Content

Secretaría

VOLTAMOS AO COLE. CANDO????

                                  

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Estimadas familias:

O primeiro día que os vosos fillos/as asistan ao centro deberán traer a DECLARACIÓN RESPONSABLE, cumprimentada e asinada.

Deixámosvos o arquivo para descargar no seguinte ENLACE

 

                                          Vuelta al cole! Cómo motivar a los alumnos con estos siete consejos

SECCIÓNS BILIGÜES 5º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

O inglés converteuse en lingua global logrando un alcance tal que se considera clave na educación, en posición de igualdade co dominio das TIC e, xa que logo, converténdose parte esencial da alfabetización do século XXI.

Por iso, a competencia insuficiente do noso alumnado nesta lingua tería serias repercusións para continuar estudos noutros países e para as súas posibilidades de emprego. Isto implica o tratamento educativo do inglés como competencia clave e a súa utilización como lingua vehicular para a aprendizaxe de contidos de materias non lingüísticas. (ORDE do 12 de maio de 2011 ).

Por iso no centro consideramos que mellorar a competencia en linguas é un recurso económico e social indispensable dentro, nunha Europa cultural e lingüisticamente diversa xa que a competencia en linguas estranxeiras aumenta as posibilidades de emprego das persoas e as opcións educativas que, pola súa vez, xeran toda unha gama de competencias persoais, sociais e profesionais.

Neste senso o noso centro está incluído dende o este curso 2019-20 na rede galega de centros plurilingües o que implica que dende este ano académico xa se impartiu unha das asignaturas en inglés en 1º, 2º  de EP ( área de plástica) e irase incorporando a implantación desta área neste idioma progresivamente ao longo dos seguintes cursos e en toda a primaria.

Polo tanto para o alumnado de 1º , 2º e 3º de primaria a área de Plástica impartirase en inglés. Ao mesmo tempo implantáronse seccións bilingues na área de Ed. Plástica en 4º de Primaria e en  EF en 5º e 6º de Educación primaria de tal forma que o alumnado beneficiario destas seccións recibirá o 50% desta área en lingua extranxeira.

Os obxectivos son :

- Incrementar a presenza da lingua estranxeira como lingua vehicular.

-Formar na lingua estranxeira á vez que en contidos non lingüísticos.

-Mellorar o dominio efectivo en lingua estranxeira do alumnado

-Fomentar a pluralidade lingüística e cultural do alumnado para lograr a plena integración nun contexto cultural e económico globalizado.

-Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.

Pero o obxectivo fundamental e o que máis salienta o profesorado coordinador dos programas e os que o imparten é a motivación que implica para o alumnado é o de poder ver a lingua estranxeira noutro ámbito diferente como é a Plástica e a EF.

Ademáis a participación nestes proxectos implica a presenza no centro duha persoa auxiliar de conversa en Lingua Extranxeira.

Logo da experiencia deste ano queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade porque a implantación destes proxectos solo teñen repercusións positivas para o alumnado, pois non implican ningunha dificultade no seguemento das clases e que se reflexan na certificación académica que todos acadan e que automáticamente rexistra o programa de xestión de centros “xade”.

 

Para que o alumnado de  4º e 5º de primaria poida  ser beneficiario das seccións bilingües debe asinar o documento que atoparedes como arquivo adxunto a esta mensaxe  e envialo ata o día 10 de xullo.

DESCARGAR  AUTORIZACIÓN SECCIÓNS BIBLINGÜES PARA 4º DE PRIMARIA

DESCARGAR  AUTORIZACIÓN SECCIÓNS BIBLINGÜES PARA  5º DE PRIMARIA

 

CUMPRIMENTALA, ASINALA E REMITILA AO CORREO DO CENTRO ( ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal)  

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

 

 Consulta a listaxe de libros de texto para o curso 2020/2021, pinchando na imaxe.

 

                                    

 

CORRECCIÓN DE ERRATAS: O ISBN DO LIBRO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA COMEZA POR 978 E NON 987

RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO NO CENTRO.

Estimadas familias:

A partir do luns, faremos entrega do material escolar do alumando  que quedou no centro. 

Para evitar aglomeracións e favorecer a concialición familiar fixemos as seguintes quendas de recollida, coincidindo coa solicitude do Fondo Solidario de Libros de texto e axudas de material escolar. 

Rogamos acudir ao centro un so membro da unidade familiar,  con  mascarilla e sen nenos ou nenas.

O acceso para recoller o material de primaria farase pola cancela pequena, dirixíndose á porta principal do centro.

Para recoller o  material de educación Infantil  teredes  que facer entrada pola cancela pequena, dirixirse as escaleiras do patio cuberto e entrerase na porta  exterior de cada aula.

 

 SOLICITAR CITA PREVIA NO TELÉFONO 886110233

 

4º de Infantil---25 e 26 de maio

5º de Infantil---27 e 28 de maio

6º de Infantil---15, 16 e 17 de xuño

1º de Primaria--- 25, 26 e 27 de maio

2º de Primaria---28, 29 de maio  e 1 de xuño

3º de Primaria---2, 3 e 4 de xuño

4º de Primaria---5, 8 e 9 de xuño

5º de Primaria---10, 11 e 12 de xuño

6º de Primaria---15,16 e 17 de xuño

ENQUISA PARA FAMILIAS SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Bos días familias:

Completar este formulario levaravos un momentiño e será de moita utilidade para o centro.

Queremos ter unha visión realista do traballo e dos equipos dos que dispón o noso alumnado e artellamos unha maneira sinxela de chegar a realidade das familias do centro. Este cuestionario é totalmente confidencial e non se publicaran os datos obtidos do mesmo. A información recadada será de uso exclusivo do centro.

 

 

20 DE MARZO, DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

Os centros educativos escollen cada curso escolar dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o cuso 2019-2020 como día non lectivo o 20 de marzo.

 Polo que o venres o centro permanecerá pechado e non se atenderán chamadas telefónicas.

Unha aperta e moito ánimo.

                                

 

ALMANAQUE DO CENTRO 2020

Xa temos o almanaque do ano 2020,  personalizado coas fotos  de cada nivel educativo.

Compartímolo en formato pdf, por se o queredes descargar.

PINCHADE NO GIF PARA VISUALIZAR O CALENDARIO

RESERVA DE PRAZA, NENOS/AS DE 6º DE EDUCACION PRIMARIA

Estimadas familias:                                          

Con motivo de remitir ao centro de adscrición (IES Auga da Laxe) unha relación do alumnado susceptible de matricularse nel para o vindeiro curso 2020-21, enviamos o formulario (ED550A) de reserva de praza. Deben cumprimentalo as familias dos  nenos/as que desexen continuar os seus estudos no IES Auga da Laxe e presentalo na secretaría do Ceip Chano Piñeiro en horario de 9:00 a 9:45 horas.

 

A Consellería de Educación tamén contempla facer a reserva de praza, coa implantación dunha nova aplicación informática que empregarán os centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para xestionar o procedemento de admisión. As familias poden xestionar, se así o desexan, o proceso de admisión a través da seguinte aplicación       (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

Así mesmo, a través da aplicación informática as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante. ( Ver instrucións anexas)

Lembrade que para a reserva de praza é obrigatorio a presentación da solicitude no centro no que o alumno/a está matriculado.

 

PRAZOS DE RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA                                                  

  1. Reserva de praza no centro de orixe (CEIP Chano Piñeiro):do 1 ao 17 de febreiro

  2. Formalización de matrícula en ESO : Do 25 de xuño ao 10 de xullo

O ALUMNADO  QUE NON QUEIRA RESERVAR PRAZA NO IES AUGA DA LAXE, NON PRESENTARÁN NO CHANO PIÑEIRO DOCUMENTO DE RESERVA E PRESENTARÁN DIRECTAMENTE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO QUE DESEXEN DO 1 AO 20 DE MARZO.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut