Skip to Content

Secretaría

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias

Segundo o artigo 8.3 da orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos para este curso 2019/20 o 31 de outubro de 2019, permanecendo, polo tanto, o centro pechado vindeiro o xoves día 31 de outubro.

Un saúdo

                                 Soledad Couto Domínguez

                                               Directora

LISTA PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

Publicación da listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros de Texto para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Pincha aquí para ver os libros  que che corresponden.

Na listaxe provisional aparecen os libros que serán asignados en función da renda, ter en conta a lista de libros que solicita o centro para cada un dos niveis. Ainda que correspondan 6 ou 4 o centro só pide 3.

 

                           

 Se non aparecedes na lista  ou ante calquer dúbida chamade ao centro en horario de 9 a 14 horas.

Prazo máximo para facer reclamacións o día 2 de xullo. 

O alumnado que ten asignado 6 libros tamén ten concedido o cheque de material que debedes recoller do 1 ao 5 de xullo, na secretaría do centro.

Esta listaxe é provisional, non mercar os libros ata a publicación da lista definitiva xa que pode sufrir modificacións.

CHARLAS SOBRE OS RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O Goberno de España desenvolve O PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS CURSO 2019-2020.

 
O centro solicitou a actividade “RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS”, xa que consideramos importante ter información sobre este tema e facilitada por expertos, dada a crecente problemática existente.
 
A charla será  impartida por persoal experto da Garda Civil o  mércores de xuño ás 17:00 horas.
 
Esperamos contar coa vosa asistencia.
 
                          O Departamento de Orientación

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 28 de maio de 2018, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/2019 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o mércores 1 de maio e o venres 17 de maio, son dous dos días non lectivos ao ser festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, en exercicio das súas competencias.

Ademáis os centros educativos nos que as festas de carácter local non coincidan con días de clase, escollen cada curso escolar dous días non lectivos de tal forma que tanto o Claustro como o Consello Escolar acordaron solicitar para o curso 2018-2019 o  20 de maio de 2019.

Por tanto este día non será lectivo ao ser concedido pola Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra.

 

Un saúdo,

                 Soledad Couto Domínguez

                            Directora

GONDOVERÁN

 

Gondoverán é un programa de lecer e tempo libre preferentemente para fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables. Cofinanciado pola Deputación de Pontevedra

O prezo será de 65€ neno/a.

A inscrición realizarase do 7 ao 21 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 14h ou ata as 24h a través da Sede Electrónica

 

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, nos teléfonos 986 389 355/986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: aio@concellodegondomar.com

Tríptico de presentación do Gondoverán

Páxina do Concello para facer a solicitude. ( PINCHA AQUÍ)

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS

PUBLICAMOS A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020

Pincha na imaxe para consultar a lista.

O NOSO CENTRO

DÍAS NON LECTIVOS

Os centros educativos escollen cada curso escolar dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o curso 2018/2019 os dous seguintes:

  • 2 de novembro de 2018
  • 20 de maio de 2019

A Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra concedeu o primeiro, quedando a concesión do segundo pendente de que a Consellería de Traballo publique oficialmente os festivos locais, polo que o 

VENRES DÍA 2 DE NOVEMBRO DE 2018 o centro permanecerá pechado.

 

Un saúdo,

 

                             Rogelio Pereira Zunzunegui

                                 Director

Modificación da opción de Relixión Católica ou Valores Sociais e Cívicos

 

Modificación da opción de Relixión Católica ou Valores Sociais e Cívicos

 

Se algunha familia desexase cambiar a opción que ten manifestada no centro con anterioridade sobre a elección de ensino de  Valores Sociais e Cívicos ou Relixión Católica debe dirixirse a secretaría do 3 ao 7 de setembro de 2018 inclusive.

Distribuir contido


by Dr. Radut