Saltar navegación.
Inicio

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Esta semana con motivo da conmemoración do Día do Libro levamos a cabo distintas actividades no centro. Os máis pequenos leron, a través de imaxes, contos para os seus compañeiros, visitáronnos as familias para facer lecturas nas distintas aulas e fixemos lecturas cruzadas entre o alumnado sobre " Don Quijote de la Mancha".