Saltar navegación.
Inicio

Solcito que este artigo promocione á páxina principal.

TEMOS BOLSIÑAS NOVAS

O PASADO VENRES ESTREAMOS ESTAS ESTUPENDAS BOLSIÑAS PARA LEVAR OS LIBROS DE PRÉSTAMO PARA A CASA E ASÍ PROTEXELOS MELLOR. PORQUE XA SABEDES, OS LIBROS HAI QUE COIDALOS, UN LIBRO É UN AMIGO.

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS

Dende a biblioteca proponse estudar e investigar un pouquiño sobre a historia de Galicia. Da PREHISTORIA á época dos IRMANDIÑOS.

Nun primeiro momento centrámonos na PREHISTORIA, logo pasaremos á épocaa dos castros, aos romanos, e finalmente aos Irmandiños.

Podedes ver que na entrada da biblioteca xa hai unha pequena exposición de cousiñas que fixeron algúns nenos e nenas coa axuda das profes  e das familias.

Todos podedes colaborar; buscar imaxes, información, debuxar algo, construir algo... entregádeo na biblioteca e expoñerémolo.

Ademais propoñemos algunha actividade para  que completedes, tendes unhas bandexas coas propostas e un buzón para entregalas. Por exemplo, un test histórico, explicar qué é un historiador, ou que vos imaxinedes como será Galicia no futuro. Ao longo do curso e según avancemos na  historia/o tempo, as propostas serán diferentes. Iremos recollendo esos traballos, e aos mellor feitos, mellor presentados, etc, entregaráselle algún agasallo.

Podedes apreveitar que no recreo a biblio está aberta para buscar información e pregunrtar ás profes, poderedes imprimir e pedir o material que necesitedes.

ATA PRONTO

                                                                                                                                                                                                                                   

Celebramos o San Martiño

A celebración do San Martiño resultou todo un éxito no CEIP San Vicenzo. Durante a semana previa ao 11 de novembro, día do San Martiño, leváronse a cabo actividades en torno ao peón. Así tivemos unha exposición de trompos decorados polos alumnos/as de Primaria e nos recreos do xoves e venres realizouse unha competición de lanzamento de peón por ciclos. Se queredes máis información sobre estes eventos deixamos a continuación un enlace ao blogue de educación física do Rino Vicentino. Ademais se facedes clic na imaxe de abaixo accederedes ás fotos que sacamos ao longo da semana.  

BENVIDOS Á BIBLIOTECA UN CURSO MÁIS

"DIN QUE TODAS AS PERSOAS NECESITAMOS AS HISTORIAS, TANTO COMA A AUGA QUE BEBEMOS, TANTO COMA O PAN DE CADA DÍA. QUE SORTE, QUE SEXAN TAN DOADAS DE CONSEGUIR! (...) SÓ HAI QUE ABRIR UN LIBRO E DEIXARSE LEVAR POLA FERVENZA DE VOCES, DE LINGUAS, DE RECENDOS, DE PAISAXES... UNHA MAXIA SECRETA E INESGOTABLE QUE A NÓS NOS CORRESPONDE DESCUBRIR."

CON ESTAS VERBAS EXTRAIDAS DO TEXTO "OS RIOS DA VIDA" QUE AGUSTÍN FDEZ PAZ ESCRIBIU CON MOTIVO DO DIA MUNDIAL DO LIBRO, QUEREMOS DARVOS UNHA VEZ MÁIS A BENVIDA Á NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

COLABORADORAS DE COMEDOR

Abríuse o prazo para que, quen o desexe, poida solicitar participar como colaborador/a no comedor escolar. Podedes recoller a solicitude no centro. O prazo estará aberto ata o 30 de setembro.

Revista Escolar

Para poder ler a revista deste curso debedes clic no enlace onde di

1 adxunto.

Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.

LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012/2013

A listaxe dos libros de texto e material didáctico que será usado no curso 2012/2013 foi aprobada polo Consello Escolar o pasado día 12 de xuño.

 

Pódese descargar a lista de libros nesta ligazón:    LIBROS DE TEXTO 2012/2013

Convocatoria de axuda para a adquisición de libros de texto e material da Xunta de Galicia (abrir con Mozilla Firefox)

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO

CURSO 2012/2013

Prema na seguinte ligazón para acceder á información completa no D.O. G e e imprimir a solicitude:

Orde publicada no D.O.G (inclúe toda a información e os impresos de solicitude)

Só os impresos de solicitude para imprimir e cubrir

A seguinte información é parcial e resumida:

 

Niveles educativos para os que se convoca: Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos.

Requisitos:

- Ser pai/nai ou titor/a legal do alumnado matriculado.

- Non repetir curso no ano escolar 2012/2013. Aínda que 1º e 2º curso de primaria quedan excluídos desta circunstancia por non ser reutilizables os libros de texto. Pódese só neste caso solicitar a axuda aínda que o alumno repita curso no periodo 2012/2013.

-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

Lugar de recollida e presentación de solicitudes: nos propios centros. Tamén se pode descargar a  solicitude na páxina da consellería: www.edu.xunta.esou na ligazón da cabeceira desta páxina. A solicitude cuberta e a documentación presentarase na secretaría do centro.

Prazo de presentación: No caso los alumnos que se matriculen para o curso 2012/2013  en Ed. Primaria será do 1de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive. No caso dos alumnos que se matriculen no curso 2012/2013 en Ed. Secundaria Obrigatoria o prazo será do 25 de xuño ao 26 de xullo, ambos inclusive e presentaran as súas solicitudes nos instituto no que se matriculen.

Documentación que se debe presentar:

-A solicitude cuberta e firmada polo solicitante.

-Orixinal e copia do Libro de familia onde figurarán todos os membros computables da mesma. No caso de non haber Libro de Familia ou ser a situación familiar distinta da reflectida nese libro (separación ou divorcio, falecemento…) haberá que presentar  certificado de convivencia, sentencia de separación ou outros documentos acreditativos da nova situación (tamén orixinal e copia).

-No caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar:  certificado de minusvalidez igual ou superior ao 33% ou ben certificación emitida pola Seguridade Social de pensión de invalidez, ou ben documentación acreditativa da condición de ser pensionista con pensión de xubilación por retiro ou incapacidade permanente ou inutilidade. En tódolos casos orixinal e copia de dita documentación.

 

Contía das axudas:

Familias monoparentais:

-Renda per cápita ata 6.000 euros: 170 euros.

-Renda per cápita desde 6.000,01 ata 9.000 euros: 90 euros

Resto de familias:

-Renda per cápita ata 5.400 euros: 170 euros

-Renda per cápita entre 5.400.01 e 9.000 euros: 90 euros

Cálculo da renda per cápita familiar:

É o total da renda de tódolos membros computables da familia dividida entre o número de membros. No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar contaría por dous.

No caso de ter presentado declaración do IRPF para o exercicio 2010 o cálculo para coñecer a renda total consiste en sumar as casiñas 455 e 465 de tódolos membros que fixeron a declaración. Non é necesario presentar copia da declaración.

Quen son membros comuptables:

-Os pais non separados legalmente

-Os fillos menores de idade.

-Os fillos maiores idade con discapacidade.

-Os fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.

-No caso de non haber vínculo matrimonial constitúen a unidade familiar os pais e fillos que convivan no mesmo domicilio cos requisitos anteriores, situación acreditable mediante presentación de certificado de empadroamento.

 

Esta información é parcial intentando recoller os puntos máis importantes. A información completa sobre esta covocatoria pódese consultar no Diario Oficial de Galicia de data venres, 1 de xuño de 2012, DOG. Num. 104.

Os inventos de Educación Infantil

Os alumnos de 5 anos de Educación Infantil, coa inestimable colaboración das súas familias, deron unha boa mostra do seu inxenio elaborando toda clase de inventos que van desde robots a avións pasando por ordeadores persoais e personalizados e vehículos impulsados por enerxía solar. Toda unha mostra do que son capaces de facer estes nenos e nenas con material de refugallo e unha boa dose de imaxinación.

Se facedes clic na foto poderedes ver o resto das imaxes relacionadas con esta pequena exposición.

Coñecendo a Xurxo Martiño

Ao longo destas semanas atópanse expostas na Casa da Cultura as obras máis importantes do artista Xurxo Martiño. O pasado martes 13 de marzo os rapaces e rapazas do noso cole tivéchedes a oportunidade de visitar esta exposición e coñecer en persoa ao seu autor. Tras coñecer as súas obras cada curso realizou un pequeno taller-actividade dirixido polo propio Xurxo Martiño onde aprendichedes algunhas técnicas relacionadas coa pintura. A continuación deixamos unhas fotografías dos alumnos de 4º de primaria en pleno proceso de elaboración das súas obras de arte.

 

Distribuir contido