CACHARRÓFONOS. 2º ESO

O alumnado de 2º da ESO sacou todas as súas habilidades creativas para realizar uns

fantásticos instrumentos musicais caseiros, cada cal máis orixinal. Pódese ver o

resultado nunha exposición situada na entrada do Edificio de Secundaria.

Pasádevos e desfrutádea!

SOLICITUDE DE USO DOS SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE. CURSO 2024/25

Todo o alumnado actual do centro (salvo o que esté cursando 4ESO) debe facer a solicitude dos servizos de comedor e transporte escolar para o curso 2024/25.

No día de onte recibíchedes o impreso de solicitude polo alumnado e deberá ser cuberto e remitido antes do 31 de maio.

Tamén tedes o impreso dispoñible nos ficheiros adxuntos por se tedes calquer problema co remitido a través alumnado.

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS

Nestas últimas semanas véñense desenvolvendo no CPIP Antonio Orza Couto diferentes charlas enmarcadas dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de EP e a todos os grupos da ESO, e impartidas por un axente da Garda Civil.
Neste curso as charlas estiveron centradas no ciberacoso, a violencia de xénero e os delitos de odio. Estas temáticas foron tratadas polo axente dun xeito ameno e práctico na procura dunha participación activa do alumnado e coa pretensión de que percibiran a gravidade duns feitos e actitudes que están moito máis preto do que ás veces somos quen de recoñecer.
Dende o CPIP Antonio Orza Couto continuamos contribuíndo a unha educación pública, de calidade e baseada na convivencia e igualdade.

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Todo o alumnado da ESO do CPIP Antonio Orza Couto participou o 30 de abril nun obradoiro de ecopercusión dirixido por Didier Díaz en diferentes quendas. As nenas e nenos puideron gozar dunha sesión de convivencia na que coñeceron a utilidade de material de refugallo, como tubaxes ou caldeiros de pintura, convertido en instrumentos de produción de ritmos e melodías.
Este obradoiro forma parte dunha liña formativa de convivencia do noso centro, na que participou tamén o profesorado, e que ademais é parte das actividades propostas para o CPinclúe: convíve-t, coa pretensión de desenvolver ao máximo as potencialidades do noso alumnado e unha educación de calidade baseada na convivencia.
Parabéns á conunidade do CPIP Orza Couto por garantir os valores e convivencia nun ensino público e de calidade.

Premendo no seguinte enlace poderedes acceder a algún video de mostra do que deu de si a actividade.

https://drive.google.com/file/d/13Jzo7ynKTihpVOMQlroqM7FZ5fK2HpQU/view?usp=sharing, https://drive.google.com/file/d/13KUX4BpwwT3dfLPNtvAIeIcd4sdYsi6l/view?usp=sharing

EUROPEAN FEILE 24

O equipo de Fútbol Gaélico xestionado pola ANPA do noso centro vén de proclamarse subcampión na European Feile 24 que se celebrou no Centro de Negocios Montecastelo de Vigo a pasada fin de semana.

O noso equipo enfrontouse na eliminatoria de grupos contra o Bruselas, o Xelmirez I e o Basei de Suiza. Perderon o primeiro partido fronte o Bruselas e gañaron os outros dous pasando a semifinais coma segunda de grupo.

Na semifinal enfrontáronse ao primeiro clasificado do outro grupo, o Keltoi de Vigo, resultando vencedores nun  partido moi emocinante.

Na final non puideron superar ao Bruselas, obtendo un segundo posto moi meritorio e acadando un fito nunca antes conseguido, que un equipo galego chegara á final deste Torneo.

Premento nas imaxes poderedes acceder á cobertura do torneo polos distintos medios periodísticos. (Televisión de Galicia a partir do minuto 50)

 

Archivo:Televisión de Galicia Logo.svg - Wikipedia, la enciclopedia libre                                           Top lider - Radio Lider

Parabéns rapaces e rapazas!!!

Como ben proclamaba a pancarta que vos acompañaba, estamos orgullos e orgullosas de todos vós!

TRES ALUMNOS PARTICIPAN NA OLIMPIADA DE MATEMÁTICAS DE 2º ESO

O xoves día 25 de abril, Breixo, Jose e Manuel desprazáronse a Santiago para representar ao CPIP Antonio Orza Couto na fase comarcal da olimpíada galega de matemáticas de 2º ESO. Algúns problemas sairon e outros non, pero pasaron un bo rato.

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CHAPAS. POESÍA NAS AULAS

Estas últimas semanas o alumnado de 3º e 4ºESO estivemos levando a cabo un obradoiro interdisciplinar arredor do Poetry Slam, unha nova forma de achegarnos ás obras poéticas na que os versos contemporáneos en galego e en español dialogaron con diferentes manifestacións artísticas (a música, o teatro, a danza, a ilustración…) O resultado desta primeira parte do obradoiro foi a creación de chapas a partir de poemas traballados nas materias de Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual.

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON ALEXANDRE SENANDE

Este mércores contamos no CPIP Antonio Orza Couto coa visita do ilustrador Alexandre Senande que veu darlle un obradoiro de Banda Deseñada ao alumnado de 1º ESO. O ilustrador de Sentinelas da lúa carmesí, xa coñecido polas alumnas do noso Club de Lectura, compartiu algunhas das súas técnicas co alumnado de 1ºESO nunha sesión práctica na que estiveron traballando e desfrutando a un tempo e que deu lugar a resultados moi satisfactorios. 
​Parabéns a Alexandre e ao noso alumnado pola súa implicación recíproca na actividade. Parece que hai canteira da ilustración no Orza Couto!

EXAMES NA ESO

Tagged:  

Preme en cada curso para ver as datas de exames:

        
         

* O calendario de exames actualízase na páxina web semanalmente.

ROTEIRO GUIADO. MONUMENTO NACIONAL COSTA DO DEXO

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado de 3ºESO realizou unha saída didáctica á costa do DEXO emmarcada dentro do programa"para unha transición ecolóxica". Este programa desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos,mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

Obxectivos:

Coñecer o patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.

  • Analizar os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.

  • Entender as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.

Primeira sesión:

  • Actividade no centro educativo sobre un dos espazos naturais protexidos da provincia da Coruña. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.

Segunda sesión: Ruta guiada polo Monumento Natural da Costa de Dexo

KINGS LEAGUE O FORTE

Durante o segundo trimestre estívose a darlle un toque ós patios en Educación Primaria coa creación dunha Kings League O Forte. Tras formar equipos entre 3º 4º 5º e 6º e realizar unha reunión para expoñer normas de actuación e regulamento, dispuxémonos a comezar a competición. As modalidades elexidas foro brilé e fútbol

Agradecer o alumando de 6º de EP a súa disposición para moderar a competición e parabéns a todos os participantes e especial, ós gañadores: Biciclistas Solteros F.C.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013