blogue deAdmin

Programa 1 en Radio Castaña

Se non escoitáchedes o noso primeiro programa, aquí volo deixamos!

Falamos un pouco de todo: historia, matemáticas... e incluso nos animamos co english pitinglish.

 

CHARLA "A PRESENZA DO OSO NOS ANCARES"

O venres 14 de xaneiro visitou o noso centro o profesor da USC do Campus de Lugo, Ignacio Díaz Maroto, e impartiu unha charla sobre a presenza do oso nos Ancares.

Foi un encontro ben interesante, e suscitou a curiosidade do noso alumnado, que non dubidou en preguntar ao ponente sobre o hábitat deste fermoso animal.

 

 CHARLA "A PRESENZA DO OSO"

A menciña das herbas dos Ancares

O CDR de San Román impulsou un proxecto para compilar nomes e usos que en Cervantes se daban a determinadas flores e plantas.

Imos andar tod@s coma rigletes!

Pincha na foto para ler a noticia.

Herbas

Charla: A presenza do oso

O venres día 14 estades convidad@s á charla organizada polo CPI de Cervantes e impartida por Ignacio Díaz Maroto: A presenza do oso

O horario será de 10:50 a 11:40 horas.

Podedes seguila picando no seguinte enlace:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m00a787ecb6f409808b28300a...

Radio Castaña do CPI de Cervantes en Radio As Nogais

O vindeiro martes o noso programa de radio será emitido polas ondas de Radio As Nogais.

Podédelo escoitar en directo sintonizando Radio As Nogais o día 21 de decembro ás 12 do mediodía.

Se queredes escoitar a cuña que fixemos anunciando a emisión pincha no seguinte enlace.

 

 

 

Agradecemos a Radio As Nogais a boa acollida deste proxecto.

VII Concurso de Traballo por Proxectos

Estamos de noraboa xa que resultamos entre os gañadores do VII Consurso de Traballo por Proxectos organizado pola Consellería de Educación.

O noso proxecto Cervantes 100xCIENcia, encádrase dentro da modalidade "Proxectos realizados con metodoloxía científica".

Noraboa polo traballo ó alumnado e profesorado do CPI! 

Se queredes saber máis, pinchade no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1582

 

 

Tipos raros

 

 

    

     Comprácenos presentarvos o novo hit Tipos raros, un temazo composto por Seve, tamén coñecido artisticamente coma o lobishome dos Ancares.

Toda a comunidade educativa do CPI participou na gravación: alumnado, profesorado, CDR e ANPA mostraron o seu marabilloso facer, enchéndonos de orgullo e satisfacción.

O manexo da batería correu a cargo de Lord Pedrote e as guitarras de Rubén, músicos contrastados e desexados polas mellores bandas de rock duro, heavy metal e punk garajero.

Radio Castaña segue coas súas producións, contamos cos mellores artistas e convidados, non andamos con coñas.

 

Haiche moitos tipos raros pululando por eiquí,

todos saen pola noite.

Vóuvolos describir.

Charla "Árbores e madeira: berce da vida e da cultura"

O venres día 12 de novembro de 10:15 a 11:30 poderedes seguir a charla que impartirá o catedrático de enxeñaría agroforestal da USC Pablo Vila Lameiro no CPI de Cervantes.

Podédela seguir virtualmente a través da seguinte ligazón 

https://eduxunta.webex.com/meet/chusiadai

O número da reunión no caso de que volo soliciten é o 846601794

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer