blogue deAdmin

Fungos, castañas e cabazas no CPI de Cervantes

 

Conta a lenda que Seve sabe máis de cogomelos que David O Gnomo. Tivo a ben acompañarnos ese día pola mañá e explicarnos algúns dos seus segredos.

Xa cos pés mollados volvemos ó centro e vestímonos coas galas máis terroríficas, fixemos o lume para asar as castañas e repartimos os premios do concurso de cabazas e relatos.

Coma todos os anos Isabel fixo os seus exquisitos pasteis; comer comémolos pero a receita non a solta. Tamén veu Bichoso facer algo de tempo.

 

 Pasou o día pasou a romaría!

Eleccións Consello Escolar curso 21/22

Cada catro anos hai eleccións ó Consello Escolar. O ano pasado adiáronse ata este curso. O Consello está formado por representantes do alumnado, profesorado, familias e Concello.

O venres 29 de outubro ás 12:00 h realizarase un sorteo público entre o censo de nais e pais do alumnado matriculado. Sairá unha persoa titular e unha suplente, unha delas formará parte da xunta electoral que rexirá o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar.

Representante das familias

- Mª José Mouriz Diéguez

Representante do profesorado

- Patricia Lorenzo Fernández

Do día 3 ao 12 de novembro está aberta a admisión de candidat@s.

Deberedes presentar o documento adxunto cuberto na secretaría do centro.

MINI-PROXECTO DE ARTE – VAN GOGH

O primeiro dos mini-proxectos de arte que imos facer este curso na aula de infantil e 1º de primaria foi “A noite estrelada”, de Vincent Van Gogh.

Encantounos combinar e misturar as cores, e logo de que secaran, ver o efecto que facía pintar con outra cor por riba. Tamén traballamos o trazo facendo rectiñas, puntiños, círculos… non sabíamos que fose tan difícil pintar!

Agardamos que vos guste o noso traballo!

vg1vg2vg3vg4

A visita dos Bolechas

Vaia sorpresa que levamos na aula de educación infantil e 1º de primaria!

Ao chegar á clase, agardábannos nas nosas mesas uns bonitos libros de Os Bolechas… Pero non uns libros calqueiras!

Tratábase duns libros personalizados da ANPA do cole nos que, a través das súas páxinas, fumos aprendendo moitas cousas sobre a igualdade, e ademáis, dun xeito moi divertido. Pasámolo xenial!

 

243

1 

Moitas grazas polo agasallo!

Noite de cinema no CPI de Cervantes

O CDR Ancares organizou unha noite de cine, con todas as letras: peli, bebida, palomitas, chocolate con churros e biscoito...

Tivemos que trasladala ó salón de actos pola chuvia, pero nos sofás da Chus estábase moi cómodo.

 

 

Grazas ó CDR e ás persoas colaboradoras, fenómen@s!

Letras Galegas 2021 no CPI de Cervantes.

Presentámosvos Ningún coma ti, unha canción baseada nun poema do libro Darío a diario, da autora Xela Arias.

Isa e Patri fixeron un gran traballo agasallándonos coas súas voces.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa do CPI por participar. Sodes uns cracks!

 

 

PREMIO PARA O CPI DE CERVANTES NO III CONCURSO DE PODCASTS A RADIO NA BIBLIO!

Parabéns para todo o alumnado e profesorado do CPI de Cervantes!!

Se queres saber máis, pincha no blogue da biblio!

A BIBLIOTECA DO CPI CERVANTES (bibliotecacpicervantes.blogspot.com)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer