blogue deAdmin

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Con data de 19 de maio saiu publicada no DOG a convocataria para a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e de Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e Material Escolar para o curso 2020/21. O prazo de solicitude abrangue dende o día 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020.

 

O fondo solidario está destinado ao alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de Educación

Primaria e 1º,2º,3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Pola súa parte a convocatoria

de Axudas para adquisición de Libros de Texto está dirixida ao alumnado que se matricule

durante o vindeiro curso escolar en 1º ou 2º de Educación Primaria.

 

A Axuda para a Adquisición de Material Escolar está prevista tanto para o alumnado de

Educación Primaria como  de Educación Secundaria Obrigatoria que teña una renda per cápita

inferior ou igual a 6000€, sendo compatible e independiente (aínda que se realiza

conxuntamente no mesmo impreso) coa solicitude de calquera das modalidades anteriores.

 

Nos seguintes enlaces poñemos a disposición dos posibles beneficiarios as intruccións relativas ao desenvolvemento dos distintos procedimentos, así como o modelo (Anexos I e II) que hai cumprimentar para participar.

 

 

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS ADAPTADAS CURSO 2019/20

 

 

 

Modificiación das Programacións Didácticas ao abeiro da Instrución do 27

de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa.

Acceso ao seu contido  íntegro 

 

 

Programacións ESO (Premer nas ligazóns para a súa descarga)

 

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

Segundo RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dase publicidade ao Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1- REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO 8 AO 18 DE MAIO. Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos do 11 ao 18 de maio.

 

2. NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN

 

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade. 

b) Novos prazos do proceso:

- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

AXUDA EXTRAORDINARIA USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

 

ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR AXUDA EXTRAORDINARIA USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

 

 

Os usuarios de comedor escolar do centro con gratuidade total ou que pagaban 1 euro poderán solicitar unha axuda de compesación polos días en que permaneceu pechado o servizo pola declaración do estado de alarma  por un importe de 2,50 €/día para os usuarios que gozaban de gratuidade total e 1,50 €/día para os usuarios que pagaban 1 euro.

 

O prazo de solicitude abrangue desde o 31 de marzo ao 6 de abril e realizarase por medios electrónicos a través da seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

LIGAZÓN Á CONVOCATORIA:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30697

 

 

LIGAZÓN AO IMPRESO DE SOLICITUDE:  Anexo I Procedemento ED601B 

 

 

No caso de familias que teñan dificultades para a presentación electrónica poden poñerse en contacto co centro no teléfono 982 82 89 40 ou no correo electrónico cpi.cervantes@edu.xunta.es para que axudarlles na cumprimentación, para isto precisaremos que nos acheguen por correo electrónico os datos do anexo cumprimentados ou ben por outros medios telemáticos (por exempo foto do anexo cumprimentado  ou ben proporcionen os datos básicos identificativos por vía telefónica en ambos casos). Os datos básicos referidos son: Nome e apelidos do solicitante, DNI e nº de conta bancaria.

VEEEEUUUU A APALPADORAAAAA!

O martes 17, recibimos a visita da APALPADORA!!!!!RisaRisa ... Como quedan poucos días para o Nadaql quixo ir comprobando que todos comíamos... Tocounos a barriguiña e, cremos que  pasamos a proba!!!!!GuayInocente

 

 

Samaín

 Si sodes impresionables e non queredes pasar    medo, non premades neste ChoraChoraChoraChoraenlace. Si,pola contra,non coñecedes o temor estades preparados para ver todas as arrepiantes cousas que fixemos no Samaín....(concurso de cabazas aterradoras, de relatos de medo, maquillaxe....)estades no sitio axeitadoChoraChora

Xornada MIcolóxica

Como todos os anos por estas datas organizamos unha  "Xornada Micolóxica".... Tivemos unha charla onde nos explicaron moitas cousas dos fungos e despois, tamén coma sempre, fixemos unha saída para apañar cogomelos na que puxemos en práctica o explicado e, co que recollemos, fixemos unha degustación e unha exposición.

Velaí todo o que deu de si o día!CansoPremede no enlace

 

 

 

TALLER DE COCIÑA CREATIVA

 

O venres 18 de outubro os alumnos de Educación Infantil e Primaria tivemos un curso de cociña creativa a cargo da Diputación de Lugo.

Aprendemos a facer moitas cousas novas e tamén a presentar dunha maneira máis orixinal pratos tradicionais. Estivo moi entretido e aos nosos compañeiros maiores gustáronlles moito as nosas elaboracións que lles ofrecemos a probar ese día na hora do recreo.

Botade unha ollada AQUÍ para coller ideas.

CansoCansoCansoCanso

 

O QUE ARDE

Ooooola!

O día 18 de outubro fomos a Lugo a ver a proxeción dunha película rodada na nosa terra que se titula O que arde e contamos coa presenza do seu director Oliver Laxe, que nos fixo unha pequena presentación da mesma.

Velaquí a foto dese díaGuayGuay

 

 

Despois da peli, leváronnos a unha "Escape room" onde vivimos unha experiencia nova facendo un xogo de escapismo. 

Foi un día moi intenso e pasámolo de CINE!!!!!!!GuiñoGuiñoRisaRisa

Aqui podedes ver algunha imaxe máis.

O noso Entroido!!!!

 

Este ano para celebrar o Entroido decidimos facer un pasarrúas pola vila ata as pallozas onde celebramos a nosa festa, desgustando doces típicos e recitamos os tradicionais "Sermois".

 

Xa de volta no colexio prendémoslle lume ao "Meco".

 

Pincha AQUÍ  para ver que ben o pasamos.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer