Taboleiro

CHARLA PARA PAIS E NAIS. Luns 30 de maio de 19 a 21h

O luns 30 de maio realizarase unha charla aberta a todas as familias do centro de 19 a 21h.

Será levada a cabo pola orientadora, e abordaranse diversos aspectos relacionados coa educación e o tipo de axuda que dende o ámbito familiar, se lle pode prestar aos fillos e fillas.

Animádevos a asistir!

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

 

Aberto o prazo para solicitude de becas ao alumnado con necesidades educativas especiais.

 

O prazo finaliza o 30 de setembro do 2022

Consulta aquí cómo solicitala

Se tes algunha dúbida ponte en contacto co servizo de Orientación

USO MÁSCARAS

Comunicamos que conforme ao establecido no RD 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 (BOE 20 de abril), dende hoxe 20 de abril de 2022 xa non será obrigatorio o uso da máscara en ningunha dependenza do centro.

A Dirección

 

ENTROIDO 2022

Este ano no CPI LUÍS DÍAZ MORENO de Baralla imos celebrar o ENTROIDO cumprindo moi ben os mandados do MECO (semana 21-25 de febreiro).Por motivos da Covid_19 non faremos o tradicional "desfile de entroido".

Rapazas e rapaces, o Entroido vai chegar e aquí van os mandados que o Meco quere ordenar:

- Luns: para a semana comezar e ao cole tarde non chegar, en pixama estarás.

- Martes: se queres ter un martes máis divertido, pon algo na cabeza ou un peiteado atrevidooooooo

 

- Mércores: para poder así molar, uns lentes traerás...

- Xoves: se cómodo queres estar, zapatillas da casa os teus pés quentarán.

- Venres: O venrés disfrutarás e o disfrace que ti queiras traerás!!!!

 Este ano os mandados non son acumulativos

 

NOVAS COVID-19

 

El FMI y el COVID-19 (coronavirus)

 

A continuación podedes consultar os últimos protocolos que publicaron dende a Consellería de Sanidade:

 

 

RECORDADE que a Xunta de Galicia, na páxina web do Servizo Galego de Saúde facilita o formulario para comunicar un positivo, é necesario que o comuniquedes para poder axilizar e facilitar as medidas preventivas oportunas.  Tamén o podedes facer no teléfono 881540045.

IMPORTANTE comunicar tamén ao centro educativo a aparición dun positivo.

Debedes saber tamén que o periodo de corentena (para os casos positivos) será o que vos indique sanidade que, a priori, deberían ser sete días (sempre e cando nos últimos tres non tivese síntomas). 

Tamén gardarán corentena os contactos de positivos que non teñen a pauta de vacinación completa.

Para calquera dúbida contactar co centro no 982 870071.

 

Día Escolar da Non Violencia e a Paz ( 30 de xaneiro )

 

DÍA ESCOLAR DE LA NO-VIOLENCIA Y LA PAZ « Itaka-Escolapios

 

MURAIS FEITOS POR ALUMNADO DO CENTRO PARA CONMEMORAR O DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ ( 30 DE XANEIRO) 

 

 

ENTREGA LOTE MÁSCARAS

Mascarillas Reutilizables Infantiles - Taller de Solidaridad ONG

 

A partir do vindeiro día 10 de xaneiro de 2022 e ata o día 14 de xaneiro de 2022 poderán pasar polo centro a recoller o LOTE DE MÁSCARAS de alumnado beneficiario os pais/nais/titores legais en horarios de 10:30h a 13:30h. Na Secretaría do centro.

SORTEO CESTA NADAL

Hoxe xoves 16 sorteamos a cesta de Nadal organizada para recadar fondos o alumnado de 4º ESO para a súa excursión de fin de curso. O número premiado coa CESTA DE NADAL foi o 0297.

 

 

A familia agraciada foi a familia Fernández Fresnadillo. 

Moitos parabéns

 

 

 

SORTEO CESTA NADAL

 

SORTEO CESTA NADAL 2021 

 

O VINDEIRO XOVES 16 DE DECEMBRO  ÁS 12.45 H NA BIBLIOTECA DO CPI LUÍS DÍAZ MORENO, FARASE  O SORTEO DA CESTA DE NADAL PARA A QUE O ALUMNADO DE 4ºESO ESTÁ A VENDER RIFAS. SE NON TEDES NINGUNHA AÍNDA ESTADES A TEMPO DE MERCÁRLLELAS!!!!

 

MIRADE QUE CESTA... E AÍNDA FALTAN MOITAS COUSAS....

 

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA

 

 

 

 

No CPI Luís Díaz Moreno, ademais destes videos elaborados polo alumnado de Educación Primaria, elaboránronse murais nos corredores do centro e aulas para conmemorar o día 25N.

Tamén contamos con Inés Fernández Lamela, autora do libro "As miñas fillas devolvéronmre a vida", víctima de violencia machista e que narrou en primeira persoa os malos tratos que sufriu durante 30 anos de matrimonio.

Velaí unhas imaxes...

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet