Taboleiro

ENCONTRO VIRTUAL CO TEATRO DA ZARZUELA

 

 

 

O vindeiro venres 28 de maio, o alumnado de 3º ESO terá un encontro virtual co Teatro da Zarzuela de Madrid. Aprenderemos moitas cousas sobre este xénero musical, así como sobre o Proxecto Zarza, que busca achegar á xente nova a este xénero.

Na seguinte ligazón podedes ver como foi ese encontro: 

 

https://twitter.com/TeatroZarzuela/status/1398340042410663938?s=08

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22-23

 

CAMBIO FECHA. Plazo fondo solidario libros de texto. | Colegio Plurilingüe  San José - FEC

 

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023

Consulten no seguinte enlace: 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

 

PRAZO PARA SOLICITAR: ata o 22 DE XUÑO

PROCEDEMENTO: 

-TELEMÁTICO:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

-PRESENCIAL: con CITA PREVIA que se solicitará no teléfono 982 870071. 

Nesa mesma cita tamén se cubrirán os documentos de elección de relixión ou valores, autorización de imaxe e autorización recollida alumnado curso 22-23.

 

NON SE ATENDERÁ A NINGUNHA FAMILIA SEN CITA PREVIA.

Se teñen dúbidas, chamen por teléfono

DOCUMENTACIÓN: 

- Libro de familia (fotocopia), de non ter , certificado de convivencia

- certificado de discapacidade (fotocopia)

- sentenza de divorcio ( fotocopia)

- situación de violencia de xénero (fotocopia)

 

 

TEATRO NO COLE

A través da ANPA e en colaboración coa Deputación de Lugo, o alumnado de 4º, 5º, 6º de Educación Primaria e o de 1º e 2º de ESO, desfrutaron cunha obra de teatro en torno á vida e obra de Rosalía de Castro.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

Este ano, as Letras Galegas dedícanse a Xela Arias Castaño. Facendo clic sobre a seguinte imaxe, tedes acceso a varios recursos para traballar sobre a súa figura. Non deixes de indagar para ver todo o que podes aprender sobre ela!

 

17 de maio. Día das Letras Galegas

 

CHARLAS PARA FAMILIAS

 

JORNADAS CANCELADAS POR COVID 19 - VIII JORNADAS NACIONALES DE MEDIACIÓNParticipa en el Ciclo de Charlas para Familias – Colegio Pumahue Curauma

O CPI Luís Díaz Moreno de Baralla comunica que non se van organizar as charlas programadas para os días 10 e 12 de maio de 2021 polo reducido número de asistentes anotados. Agradecemos  o interese das familias anotadas.

 

 

 

O CPI Luís Díaz Moreno organiza dúas charlas para as familias do alumnado do centro sobre o uso de ABALAR e funcionamento AULA VIRTUAL.

-LUNS 10 de maio en horario de 17:30h a 19:30h para familias de alumnado de Educación Primaria.

-MÉRCORES 12 de maio en horario de 17:30h a 19:30h para familias de alumnado de Educación Secundaria. 

É NECESARIO CONFIRMAR ASISTENCIA NO TELF. 982 870071 ANTES DO DÍA 6 DE MAIO .

MODIFICACIÓNS PEC E NOF

 

TRASLADO DEL MERCADILLO | Ayuntamiento de Ezcaray

 

Comunícanse as modificacións de dous documentos importantes para o funcionamento da vida no centro:PEC e NOF

Consultar no apartado de "Documentos" as modificacións que tratan sobre reclamacións de cualificacións e titulación e dereito á solicitude de copias de exames.

Día Mundial do Libro 2021

 

Descarga actividades - Dos IlustraDos

Día do libro 2016

 

Día Mundial do Libro  é unha festividade para promover o desfrute dos libros e da lectura.

Cada 23 de abril, data simbólica da literatura universal na que coincide a desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, sucédense celebracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros –un nexo entre o pasado e o futuro, unha ponte entre xeracións e distintas culturas. A UNESCO xunto con tres organizacións profesionais internacionais do mundo do libro designaron á cidade de Tbilisi (Georgia) como a Capital Mundial do Libro 2021 cuxo lema é ;      Ok, ¿entonces tu próximo libro es…?  e céntrase no uso de tecnoloxías modernas como ferramentas poderosas para promover a lectura entre os máis novos/as..

Tamén compartimos a mensaxe da UNESCO: anímanos a usar o poder da lectura para combatir o illamento, estreitalos vínculos entre as persoas, expandir novos horizontes, a par que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade.

 No noso centro quixemos celebrar o día do libro do seguinte xeito: 

 https://orecunchodecamaleo.blogspot.com/

 

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.

A dirección do centro facilitará as claves de acceso a cada sector da comunidade. 

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través das seguintes ligazóns:


"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

RETOS do día a día -1º e 2º EP-

RETOS 1º (11/05) – Blog de Educación Física – Alexis Hernández RomeroTres grandes retos marcaron un desafío ao longo do 2º Trimestre para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Retos do cotiá moi “finos” que implicaron aprendizaxe e mellora de habilidades no atado de cordóns e dobrado de pantalóns e camisetas.

No seguinte enlace podedes ver un pequeno resumo:



https://youtu.be/Beemb2Sfoq8

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

 

Cpi Luis Diaz Moreno - Baralla - Colegio | FacebookCheck Icon Vector. Check Mark Icon. Check List Icon Royalty Free Cliparts,  Vectors, And Stock Illustration. Image 122597793.

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as vacantes ofertadas neste centro, informamos que

TODAS AS SOLICITUDES foron ADMITIDAS  e teñen garantida a RESERVA DE PRAZA para o curso 2021-2022 xa que a demanda non superou á oferta e polo tanto NON é necesario BAREMAR. 

Lembramos que o prazo de matrícula comezará o 20 de xuño de 2021.

Powered by Drupal - Design by artinet