LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS DE PRIMARIA

As listaxes definitivas do fondo de libros para a etapa de primaria para o curso 20-21 serán enviadas por TokApp. Poden ser consultadas no enlace que se adxunta na mensaxe..

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO serán enviadas por TokApp. Lembrámoslles que as reclamacións a esta listaxe poderán facelas os días 7, 8 e 9 de xullo. Nestas listaxes provisionais figura o/a  alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo. Nas listaxes definitivas figurará, para cada alumno, a relación de libros que lle prestará o centro (só no caso de Primaria, para a ESO haberá que esperar a setembro).

 

Para saber se lles corresponde o vale de material deberán achegarse ao centro e, se lles correponde,  xa se lles entrega nese momento.

 

As familias do alumnado de 1º e 2º de Primaria deberán pasar polo centro para consultar as listaxes (tanto da axuda para libros como a axuda para material), e se lles corresponde algún vale xa se lles entrega nese momento.



HORARIO DO CENTRO NO MES DE XULLO

O HORARIO DO CENTRO NO MES DE XULLO É DE 10:00 a 13:00. A atención será preferiblemente non presencial.

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2020

NO ENLACE PODEN CONSULTAR O CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO CORRESPONDENTES AO CURSO 2019-2020.

 

Para a realización dos exames de setembro o alumnado non contará con transporte escolar e deberá permanecer fóra do recinto do centro ata o momento de acceder á aula para realizar o/s exame/s correspondente/s.

Non se permitirá, en nengún caso, a libre circulación do alumnado  polas instalacións interiores e exteriores do centro e será responsabilidae das familias que ese alumnado garde as distancias de seguridade no exterior do recinto.

Grazas pola súa colaboración.

 

O PASPALLÁS 2.0 ( 19-20)

 

Aquí temos por fin a revista deste curso!!!.

Este ano, debido ás circunstancias sanitarias, non se entregará en papel pero podedes igualmente desfrutala en formato dixital.

Esperamos que vos guste!!!!

 

 

 

ENLACE Á REVISTA

CANDO VIAXEI A PORTUGAL E METÍN A ZOCA DE 1º DE ESO

O alumnado de 1º ESO comparte con nós o seu traballo sobre a Lusofonía. Presentámosvos o concurso "CANDO VIAXEI A PORTUGAL E METÍN A ZOCA", un divertido test inspirado no que en Lingüística denominamos "falsos amigos", esas palabras que son comúns a dúas linguas, mais que posúen en cada unha delas significados ben diferentes.

Nos enlaces podedes acceder ao concurso e á páxina do Facebook coa publicación do equipo de Normalización:

ENLACE AO CONCURSO

ENLACE AO FACEBOOK

REGGAE IFA CONFINADA

Aquí o enlace ao vídeo de alumnado de ESO. Unha regueifa do confinamento.

Desfrutádea!!!

ENLACE AO VÍDEO

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

 

Adxuntamos un enlace ao marabilloso vídeo de graduación e despedida da etapa de primaria do alumnado de 6º.

Esperamos que vos guste!!!

ENLACE

O ROSCO UN ANO MÁIS

O alumnado de 2º ESO, baixo a coordinación do Departamento de Galego,  preparou SEIS ROSCOS para poñer a proba os nosos coñecementos sobre a lingua portuguesa e sobre a Lusofonía. 

Estas dúas primeiras probas son de nivel doado pero iranse complicando con novas probas de maior dificultade.

A XOGAR!!!


ENLACE AO NIVEL DOADO I

ENLACE AO NIVEL DOADO II

 

ENLACE AO NIVEL INTERMEDIO I

ENLACE AO NIVEL INTERMEDIO II

 

ENLACE AO NIVEL AVANZADO I

ENLACE AO NIVEL AVANZADO II

 

 

Aquí tedes a nova completa publicada no Facebook "O noso Eusebio"

ENLACE AO FACEBOOOK (nivel doado)

ENLACE AO FACEBOOK ( nivel intermedio)

ENLACE AO FACEBOOK ( nivel avanzado)

Powered by Drupal - Design by artinet