SAMAÍN 2020

MEIGAS FÓRA!!!

Aínda que pensándoo ben, tal e como está o panorama dos últimos tempos,  mellor será invocarmos todas as axudas posibles, incluídas as meigas. Sentidiño e recursiños!!

Que tal entón un

" VALÉDENOS, OH MEIGAS!

FACÉDEVOS BOAS NA SEXTA FEIRA

E CEIBÁDENOS DESTA PANDEMIA

COVID FÓRA!!!"

Este venres non quedamos sen celebración do SAMAÍN, así que  asistimos ás aulas cos nosos disfraces arredor da temática das MEIGAS (meigas, gatos negros, sapos, morcegos, demos, curuxas, esqueletos, virus...). Iso si, as únicas máscaras permitidas foron as de protección contra a Covid. E nada de obxectos intercambiables ( potes, vasoiras, coitelos...)! Queremos un ESCONXURO COMPLETAMENTE SEGURO. Porque... Que fixemos? ESCONXURAR O CORONAVIRUS! TREMENDO AQUELARRE!
No recreo grande lemos no patio os esconxuros que cada grupo-clase estivo a preparar estes días. Houbo un premio para o mellor esconxuro de Primaria e o mellor de Secundaria. Os textos gañadores imprimiranse sobre máscaras covid que cumpran coas especificacións técnicas do estándar de calidade UNE. Estas máscaras serán agasalladas a todo o alumnado do Centro.

"No Samaín do Eusebio,
o virus ao caldeiro,
coa axuda das meigas,
coa axuda  das máscaras,
 que habelas, hainas!"

 

 

E os gañadores do concurso de Esconxuros 2020-2021 foron 6º de Primaria e 2º de ESO B!!!. NORABOA GAÑADORES!!!

 

ESCONXURO ( 6º Primaria)

Xel hidroalcólico, máscara salvadora,

con esta protección, 

boto o virus fóra.

 

Covid meigo, virus traicioneiro,

marcha maldición e permite a diversión.

 

Lúa chea, luva branca,

ao confinamento espanta.

 

Mantén a distancia, non toques nada,

non sexas ignorante, non vaias de parranda.

 

Pandemia, pandemia,

non es nada bonita,

que esta noite, é a miña favorita.

 

Invoca a vacina, 

fermosa cura,

na noite escura.

 

COVID FÓRA!

 

NeverFóra ( 2º ESO B)

 

Invocamos os poderes máis antigos

da peste “neghra” e a “ghripe” española.

Con esta pócema feita de pel de cadáver primitivo,

escamas de peixe de Angola

e dun pano cheo de mocos usado ata chorrear.

Levade ó “paquetoi do coronaviros fóra de aquí xa!

“Isssa, Isssa”!

Aliñamos a pandemia cun chorriño de hidroxel

e unha volta ás clases con ganas de morrer.

Déixame as troulas e quedadas que habería.

Que se vaia “de eiquí” esta pandemia cabría!

“Isssa, Isssa”!

Déixate de olas e de Rianxeiras e embárcate á extinción.

“Isssa, Isssa”

 

 



 



 

 

ENLACE AOS ESCONXUROS

GALERÍA DE SAMAFOTOS

GALERÍA DE SAMAVÍDEOS

POSTA A PUNTO

Hoxe tocounos comezar a posta a punto dos nosos hortos. O alumnado de 6º non dubidou en agarrar o sacho e meter as mans na terra para arrancar as malas herbas.

 A experiencia tamén nos serviu para lembrar conceptos de CCNN e mates pois estivemos investigando os componentes do abono co que fertilizamos a terra.

 

 

 

 Durante o traballo atopamos algún amigo despistado que fuxiu a toda présa:

 Tivemos unha mañá de sol estupenda para o traballo. Podedes vernos aquí lucindo as nosas mans cheíñas de terra.

Actualización do protocolo de centros e novos protocolos específicos ante a Covid 19

No enlace poden acceder á páxina da Consellería onde se publica a  actualización do protocolo de centros e novos protocolos específicos ante a Covid 19:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31984

DÍA NON LECTIVO

O luns día 14 de setembro o centro permanecerá pechado por ser festivo local en Dodro.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE ESO

No enlace poden consultar as listaxes definitivas do fondo de libros para o alumnado de ESO:

FONDO LIBROS ESO

DOCUMENTOS CURSO 20-21 COVID

Nos enlaces poden consultar os documentos elaborados este curso relativos ao COVID.

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID

PLAN DE CONTINXENCIA

PROGRAMA DE ACOLLIDA

PROTOCOLO XUNTA

 

 

DATAS DE INICIO DAS CLASES

SEGUNDO RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, O REGRESO ÁS AULAS FARASE DE XEITO ESCALONADO PARA FACILITAR A ORGANIZACIÓN DO CENTRO.

AS DATAS DE INICIO DAS CLASES PARA ESTE CURSO 2020-2021 SERÁN AS SEGUINTES:

 

Etapa Primaria Cursos Data
1º, 2º e 3º Día 10 de setembro
4º, 5º  e 6º Día 11 de setembro
Etapa Secundaria Cursos Data
1º e 2º Día 16 de setembro
3º e 4º Día 17 de setembro

 

Os horarios serán os habituais:

PRIMARIA

De luns a xoves de 9:00 a 14:20h

Os venres de 9:00 a 12:40h

SECUNDARIA

De luns a venres de 9:00 a 14:20h

Os mécores pola tarde, a partires de outrubro, de 15:45 a 17:35h

 

Mañá luns día 7 de setembro recibirán máis información e instrucións acerca do inicio de curso.

ENVÍO DE NOTAS DOS EXAMES DE SETEMBRO

Os boletíns de notas correspondentes á avaliación extraordinaria de setembro serán enviados o día 7 de setembro.

CALENDARIO ESCOLAR 20-21

No ENLACE poden consultar o calendario eescolar para o curso 2020-2021

Powered by Drupal - Design by artinet