DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Nos enlaces podedes acceder ás diferentes fases do Concurso co que conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

TOD@S A PARTICIPAR!!!!

BASES E CONVOCATORIA

CONCURSO 11F

CONCURSO 23F

CONCURSO( 3ª xornada)

CONCURSO ( 4ª xornada)

E XA TEMOS GAÑADORES:

Bruno Opólski Fernández de 3º de primaria e Daniela Brea Mene de 6º.

NORABOA aos gañadores e tamén aos finalistas e participantes.

A MELLOR EDUCACIÓN, EN DODRO

O concello de Dodro vén de elaborar un vídeo divulgativo  sobre o ensino no municipio. Nel recóllense imaxes e testemuñas sobre a evolución educativa no concello nas etapas de infantil de 0 a 3 anos, infantil de 3 a 6 anos , primaria e secundaria.
Compartimos coa comunidade educativa o enlace:


https://www.facebook.com/story.php?story_fbid=3827280073976345&id=765971536773896&scmts=scwspsdd

ENTROIDO 20-21


Hoxe celebramos, dentro das posibilidades que nos ofrece o coronavirus e respectando todas as medidas de seguridade, o festival de Entroido  2020-2021. Coma sempre , os disfraces estaban relacionados co proxecto de centro que este curso ten por título " PERSENSAMOS DODRO" e que ten como temática as emocións.

Debido á dificultade de realizar certas actividades nas aulas, os disfraces non puideron ser confeccionados no centro, co que cada alumno/a e as súas familias  fixeron o esforzo de se disfrazar pola mañán na casa. O resultado foi unha variedade de vestimentas que aportou un fermoso colorido.

Houbo baile e risas e moitas, moitas emocións!!.

 

Grazas a toda@s pola colaboración.

GALERÍA DE FOTOS

DíA DA CANDELARIA

 
Celebramos o Día da Candelaria, o día no que, coa que estaba caendo, nin os pobres paxariños han podían casar...
Mais nós teimamos en "dar a chapa" co importante que é sempre amosar os afectos, demostrar o cariño, celebrar o amor. Por iso démoslle a tope a "Daniela", a nosa máquina de facer chapas, para poder agasallar con elas a todas as persoas queridas que nestes "pandémicos" días non podemos bicar e abrazar.

Velaquí tendes unha pequena mostra do noso obradoiro LÉVOTE NO PEITO, AÍNDA CO METRO E MEDIO. E que viva o AMOR!


GALERÍA DE FOTOS

O HORTO DESPOIS DAS CHUVIAS

Choveu arreo estes días, onte as nosas hortiñas estaban asolagadas. E mira hoxe que ben locen! Canto medraron as coles e o pak-soi! E o brócoli e allo porro!

Xa podemos empezar a degustar os primeiros ravos. Apetécenvos?

NOVAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID-19

No enlace poden acceder á medidas de prevención específicas pola evolución do Covid-19 publicadas pola Consellería o 26 de xaneiro de 2021:

ENLACE

IOGA BILINGÜE NA AULA DE 3º

Agradecemos hoxe a colaboración da teacher Merchy, que nos acompañou no pavillón nunha nova sesión de ioga en lingua inglesa co alumnado de 3º.

We recommend you practise yoga at home because it is very relaxing and entertaining. We can have a lot of fun with this activity. Try! You can do it!

 

CONTINUAMOS COS LABORES DE LIMPEZA E MANTEMENTO

Ao longo desta semana continuamos cos labores de limpeza e mantemento dos nosos hortos. Imos saíndo por grupos, aproveitando o bo tempo, para arrancar malas herbas, remover a terra e comprobar os efectos do frío e das xiadas.

Mirade o traballo que temos por diante...

E que ben locen as plantas e agradecen os coidados que lles prestamos:

Agardaremos a que mellore o tempo e veña o caloriño para que medren.

LABORES DE MANTEMENTO

Pese ao frío, saímos ao horto a realizar labores de mantemento. Arrancamos malas herbas e removemos un pouquiño a terra.

 

Iso si, ben abrigadiños e gozando do sol que nos acompaña estes días.

BO NADAL

 

 

Este curso máis que nunca queremos desexar a toda a comunidade educativa un moi bo Nadal e unha entrada de ano que nos permita ir, pouco a pouco, recuperando a normalidade nas nosas vidas que tanto precisamos.

O alumnado de 1º de ESO e de 5º de EP é o encargado de trasladar estes bos desexos cuns preciosos vídeos:

Desexamos que o desfruten.

ENLACE AO VÍDEO ESO

ENLACE AO VÍDEO EP

BO NADAL

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet