Skip to Content

Visita o Aqua Museu de Vila Nova de Cerveira

 

O pasado xoves, día 19 de febreiro, os compoñentes da AXENDA 21 ESCOLAR GALEGA (A21EG) do noso IES, dentro das súas actividades, visitaron o Aqua Museu de Vila Nova de Cerveira (Portugal).

A visita é unha das programadas durante o curso co obxectivo de coñecer o río Miño e o seu entorno (centro da actividade xeral do curso, e que terán continuidade coa visita a Ourense e a Melgaço). Como tal constou de dúas partes: a visita propia ao aqua museu e logo unha práctica  na recollida e estudo dos pequenos animais que viven no sedimento. Eso si, previamente disfrutamos da comida nesa zona privilexiada e do parque que teñen.

Información obtida do blog de Vïctor Gómez, coordinador de Axenda 21 Escolar Galega no IES A Sangriña

Aqui tendes unha foto da visita

 

 

Entroido no IES A Sangriña

20/02/2009 10:35
Etc/GMT+2

 

Alumnas do IES no Entroido do curso pasado

Hoxe venres 20 celébrase o Entroido no IES A Sagriña. A festa constará de varias actividades fora do horario lectivo. Así a partir das 2 da tarde poderase comer a base de bocata e bebida, na cafetería do centro. Ou ben asistir a un torneo de futbol que terá lugar tamén as 2 h.   O desfile de disfraces  empezará ás 3 h. e nel se premiarán os dous mellores disfraces: o mellor disfraz de rapaz e o mellor de rapaza. As 4:30 horas haberá un concerto de rock. E por último mencionar o concurso de tortas que engade o ingrediente doce á xornada. 

Alumnos do IES A Sangriña no EMAX

  

Os días 6, 7 e 8 de febreiro Carlos Fernández López e Sara Pérez Martínez, alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Sangriña participaron no III Encontro-Mostra Asociativa Xuvenil (EMAX) de Galicia e Norte de Portugal, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia e celebrado no pavillón Multiúsos Fontes do Sar en Santiago. A eles uniuse Edna Patricia Moreira Martíns, que foi alumna do noso instituto e agora xa está na universidade de Compostela.

Os mozos, coñecidos artistas do Teatro do Falabarato, no seu stand presentaron para a mocidade galega e portuguesa a 3ª Mostra de Teatro do Miño, que se celebrará na Guarda e en Goián os días 23, 24, 25 e 26 de abril e na que participarán unha vez máis grupos de teatro afeccionado de toda Galiza e Portugal.

Reportaxe do Tesouro dos nosos avós na Residencia Monte Tegra

O día 12 de febreiro gravouse no noso instituto un programa para a televisión de Galicia que será emitido nas próximas semanas.

Trátase do espazo que se emite ás tres e media da tarde: O BEN FALADO. Nel recóllense particularidades da nosa lingua e difúndense aquelas experiencias que están contribuíndo á dignificación e normalización do galego.

No noso caso consideraron que cumpría estes obxectivos o traballo O TESOURO DOS NOSOS AVÓS. Neste proxecto, que recibiu o premio de innovación en normalización lingüística, participan numerosos alumnos e alumnas de diferentes idades e niveis do IES A Sangriña que realizan traballos de investigación sobre o pasado recente en colaboración con persoas maiores da Residencia Monte Tegra ou da súa propia familia. Os resultados son ata o momento excelentes.

Participaron na gravación d'O Ben Falado alumnos e alumnas do instituto, que contaron a súa propia experiencia. Tamén colaboraron as pandeireteiras SAE A LÚA e os avós e avoas da Residencia e por suposto o profesorado implicado.

Para informarse con máis detalle sobre O TESOURO DOS NOSOS AVÓS podedes consultar a web do IES A Sangriña ou o blog: http://tesourosdosavos.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut