Skip to Content

Proxecto de innovación educativa para a introducción das TIC no proceso ensino-aprendizaxe

Tendo en conta a importancia do uso das TIC no proceso ensino-aprendizxe, no curso 2007-2008 creouse no IES A Sangriña un grupo de dinamización TIC. Este grupo realizou moitas tarefas ao longo do ano centradas en dúas liñas de traballo:

  • Proporcionar os medios materiais e tecnolóxicos necesarios.

  • Informar e apoiar aos usuarios.

As actividades máis destacadas do grupo son as que se salientan a seguir:

  1. Remodelación das infraestucturas de comunicación e eléctricas. O obxectivo era que todos os ordenadores do centro tiveran acceso a internet de alta calidade. Isto supuxo un grande investimento pois había encadeamento do equipamento de comunicacións o que producía unha reducción do rendemento da velocidade de acceso a internet.

  2. Incremento dos recursos TIC mediante a reorganización e mellora dos espazos do centro. Creáronse tres novas aulas de informática, remodeláronse dúas aulas de ciclos e ampliouse notablemente o número de ordenadores da sala de profesores e a sala de reunións.

  3. Reaproveitamento dos recursos informáticos existentes. Realizouse o mantemento dos equipos existentes e recuperánronse ordenadores obsoletos instalando neles Linux Ubuntu.

  4. Sopote ao usuario.Resolvéronse dúbidas informáticas e as incidencias que se produciron e elaborouse un manual de uso do XadeWeb.

  5. Realización do obradoiro “Moodle para profesores”.

  6. Creación do grupo de traballo “Análise de teleformación a través da plataforma Moodle”

  7. Creación dunha aula virtual http://aula.cesga.es/ para a materia de Lingua Castelá e literatura de 2º de bacharelato.

Como resultado deste traballo, o noso centro é un dos dez centros seleccionados pola Consellería de Educación para a realización de proxectos de innovación para o uso educativo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) para o curso 2008-2009.

Este curso continuarse traballando nas liñas do curso anterior e ademais téñense os seguintes obxectivos:

  1. Dotar a todas as aulas e departamentos cun cable directo dende secretaría, que evite que unha avaría nun determinado equipo afecte en cadea ao resto.

  2. Reorganización da disposición física e equipamento da aula 28. Dotación dun proxector e/ou encerado dixital.

  3. Instalación de novas aulas informáticas con PC's e encerados electrónicos.

  4. Creación dun laboratorio de idiomas.

  5. Enriquecemento da páxina web do IES A Sangriña de xeito que constitúa un vehículo de comunicación da comunidade educativa e as nais e pais do alumnado.

  6. Creación dunha web con acceso a persoas con minusvalías.

  7. Extensión da plataforma da aula virtual Moodle a toda a comunidade educativa como medio de ensino-aprendizaxe.

  8. Creación e posta en práctica dunha política de seguridade para evitar virus, troianos, accesos non autorizados...

  9. Creación de gardas informáticas presenciais para a resolución de dúbidas ao resto da comunidade educativa.

  10. Realización de cursos de alfabetización dixital para nais e pais e persoal de administración e servizos.

Podes consultar o proxecto no seguinte enlace

IES A Sangriña centro TIC

No DOGA do martes 21 de outubro de 2008 publícase a orde do 10 de outubro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación para o uso educativo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) para o curso 2008-2009. O noso centro aparece na relación dos dez centros seleccionados pola Consellería de Educación para participar no mencionado proxecto.

Cada centro TIC recibirá como dotación:

a) Un paquete multimedia composto por un encerado dixital interactivo, un proxector e dez ordenadores portátiles, que se enviará no primeiro trimestre do curso académico 2008-2009.

b) Dotación económica de 2000 €.

c) Asesoramento para o profesorado do centro para un mellor aproveitamento dos recursos informáticos e da súa incorporación a docencia.

d) Un espazo web para facilitar a creación e organización de materiais e recursos educativos por medio das tecnoloxías da información e da comunicación.

e) A difusión das experiencias a través da rede e a publicación dos materiais educativos producidos.

Felicidades ao equipo de dinamización das TIC por lograr a participación neste proxecto.

Teatro do Falabarato

A OMIX e a Concellería de Xuventude e Cultura do Concello da Guarda organizan, en colaboración co grupo de Teatro Falabarato do IES A Sangriña, unha función teatral na que se estrea a obra Farsa de Bululú de Manuel María, o día 28 de marzo, ás 20.30 no Centro Cultural da Guarda.

Centro Cultural

Ordes reguladoras do sistema educativo

Distribuir contido


by Dr. Radut