Skip to Content

Reportaxe do Tesouro dos nosos avós na Residencia Monte Tegra

O día 12 de febreiro gravouse no noso instituto un programa para a televisión de Galicia que será emitido nas próximas semanas.

Trátase do espazo que se emite ás tres e media da tarde: O BEN FALADO. Nel recóllense particularidades da nosa lingua e difúndense aquelas experiencias que están contribuíndo á dignificación e normalización do galego.

No noso caso consideraron que cumpría estes obxectivos o traballo O TESOURO DOS NOSOS AVÓS. Neste proxecto, que recibiu o premio de innovación en normalización lingüística, participan numerosos alumnos e alumnas de diferentes idades e niveis do IES A Sangriña que realizan traballos de investigación sobre o pasado recente en colaboración con persoas maiores da Residencia Monte Tegra ou da súa propia familia. Os resultados son ata o momento excelentes.

Participaron na gravación d'O Ben Falado alumnos e alumnas do instituto, que contaron a súa propia experiencia. Tamén colaboraron as pandeireteiras SAE A LÚA e os avós e avoas da Residencia e por suposto o profesorado implicado.

Para informarse con máis detalle sobre O TESOURO DOS NOSOS AVÓS podedes consultar a web do IES A Sangriña ou o blog: http://tesourosdosavos.blogspot.com/

III MOSTRA DE TEATRO NON PROFESIONAL DO MIÑO

Contactos da organización:

teatrominho@yahoo.es

+34 986 609 015 (IES A Sangriña- A Guarda)

+351 253 204 250 (Posto Juvenil Transfronteiriço-Braga)

A Mostra de Teatro do Miño é organizada pola Asociación Cultural Feixó de Araúxo.

A Mostra celebrarase nas vilas de Goián e A Guarda os días 24, 25 e 26 de abril de 2009.

Poderá presentarse a esta convocatoria calquera grupo de teatro non profesional (escolar e afeccionado) con obras en lingua galega ou portuguesa.

Para participar deberán enviar, antes do 21 de marzo do 2009 a seguinte información:

-Datos do grupo (nome, enderezo, teléfono de contacto,e-mail).

-Título da obra, autor e sinopse da mesma.

-Condicións técnicas necesarias para a representación.

-6 copias gravadas en DVD da obra completa que se presenta á Mostra.

Os grupos poden presentar máis dunha obra pero só poderá ser seleccionada unha por cada grupo.

Esta documentación deberán remitila ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Feixó de Araúxo

Mostra de Teatro do Miño

Paseo de Portugal, 21

36780 A GUARDA

GALIZA

O xurado encargado de valorar os traballos presentados estará constituído por:

- A Presidenta da Asociación Cultural Feixó de Araúxo ou a persoa en quen delegue.

- Profesionais do teatro galego e portugués.

- Unha persoa designada polas institucións patrocinadoras.

De todas as obras que se presenten, o xurado escollerá seis, que serán as que participen na Mostra. Esta decisión comunicaráselle unicamente aos grupos seleccionados antes do día 14 de abril.

A cada un dos grupos seleccionados para participar outorgaráselle unha subvención de 700 e un galardón conmemorativo da Mostra.

10ª. Destes grupos, aquel que obteña mellor valoración do público asistente obterá un premio especial do público de 1000.

11ª A organización desta Mostra resolverá calquera circunstancia que non estea prevista nestas bases.

12ª O feito de participar nesta Mostra, implica a aceptación de todas e cada unha das bases.

Xornadas do Software Libre (SSL)

06/03/2009 00:00
13/03/2009 20:00
Etc/GMT+2
Datas
No IES A Sangriña,
organízanse unhas Xornadas de Difusión do Software Libre, nas que se
desenvolverán diferentes actividades a partires do día 2 de marzo de
2009.
Lugar

As actividades da SSL terán lugar no IES A Sangriña de A Guarda.
Actividades
Conferencias
02/03/09 “O software libre e as súas posibilidades”
Conferencia sobre o SW Libre polo profesor Manuel Morán Vaquero, do IES Chan do Monte.
Salón de Actos, hora
04/03/09 “O software libre na empresa”
Conferencia
sobre as posibilidades que ofrece o Software libre no mundo
empresarial, as posibilidades de empleo que xera, as posibilidades de
negocio, vantaxes do seu uso nas PEMEs e o software dispoñible. Estará
impartida por mancomun.org, o
centro de referencia e servizos de software libre que aposta
decididamente pola implantación do Software Libre en Galiza con catro
obxectivos principais:

1. Facilitar o desenvolvemento industrial e innovador da PEME do sector TIC en Galicia
2. Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
3. Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.
4. Impulsar a utilización de estándares abertos para acadar a independencia tecnolóxica.
Salón de actos, 12:20h a 14:00h.

Seminarios
  • Seminario de demostración do funcionamento do programa Gimp, por Susana Muíños

    • Gimp é un programa libre e de balde, de
      edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos como
      fotografías. Os contidos a desenvolver abarcarán os seguintes
      obxectivos:

      • Diferenciar entre unha imaxe bitmap e unha imaxe vectorial

      • Introducir ós asistentes ó manexo básico das ferramentas do Gimp

      • Realizar un exercicio práctico co Gimp

      • Visualizar diferentes exemplos de imaxes elaboradas co programa e apreciar as súas posibilidades

  • Seminario de demostración do funcionamento do programa Inkscape, por Susana Muíños

    • Inkscape é unha ferramenta de debuxo
      libre e de balde para gráficos vectoriais SVG. Os contidos a
      desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:

      • Diferenciar entre unha imaxe vectorial e unha imaxe bitmap

      • Introducción ó uso das ferramentas do Inkscape

      • Realización dun exercicio básico co Inkscape

      • Visualización de diferentes gráficos deseñados co Inkscape e apreciación das súas posibilidades

  • Seminario Writer vs Word, por Isabel Martínez Cabaleiro

    • Writer é o procesador de textos de
      OpenOffice.org, unha completa ferramenta para o deseño de documentos,
      publicación directa dos traballos en formato PDF, compatibilidade con
      outros procesadores de textos como o Microsoft Word,... e por un prezo
      moi razonable: 0€. Os contidos a desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:

      • Xerar documentos empregando o programa Writer que inclúan diversos obxectos.

      • Xeración de plantillas e estilos personalizados.

      • Enfrontar a funcionalidade de Writer vs Word.

  • Seminario Impress vs PowerPoint, por Isabel Martínez Cabaleiro

    • Impress é o programa de presentacións da
      suite OpenOffice.org. Unha presentación é unha serie de diapositivas ou
      transparencias que se proxectan sobre unha pantalla para servir de
      apoio visual a unha charla ou conferencia, á presentación dun produto
      comercial, etc. Impress permite crear presentacións en formato dixital que se proxectan directamente desde un ordenador por medio dun
      proxector dixital. É compatible con Microsoft Powerpoint. Os contidos a
      desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:

      • Xerar presentacións empregando o programa Impress que inclúan diversos obxectos e animacións.

      • Persoalizar a presentación incluíndo transiccións, subpresentacións e notas do orador.

      • Xerar patróns base para diapositivas e plantillas.

      • Enfrontar a funcionalidade de Impress vs Powerpoint.

  • Seminario Calc vs Excel, por Isabel Martínez Cabaleiro

    • Calc é a folla de cálculo de
      OpenOffice.org. Trátase dunha aplicación que permite realizar
      facilmente cálculos numéricos complexos, táboas, xeración de gráficas, compatibilidade con outras follas de cálculo como Microsoft Excel,
      publicación en formato PDF,... Os contidos a desenvolver abarcarán os
      seguintes obxectivos:

      • Xerar follas de cálculo empregando o programa Calc que aporta funcións matemáticas, trigonométricas, estatítiscas,...

      • Xeración de gráficas diversas.

      • Xerar plantillas para facturas, pedidos, ...

      • Enfrontar a funcionalidade de Calc vs Excel.

  • Seminario de comparación do navegador Firefox co Iexplorer, por Patricia González

    • Ó seguimento por Internet de enlaces web
      dunha páxina noutra, se lle chama navegación; e é o que orixina o nome
      de navegador. Polo tanto un navegador é un programa utilizado para
      visualiza-los contidos web das páxinas que se visitan por Internet. Os
      contidos a desenvolver serán os seguintes:

      • Principais diferenzas entre o Mozilla Firefox e o Internet Explorer

      • Menú Ferramentas: opcións de configuración

      • Certificados: onde se instalan, opcións de exportación-importación, entidades certificadoras.

      • Complementos dos navegadores

      • Acceso a páxinas Web seguras

  • Paseo comparativo entre Windows e Linux, por Ricardo Veiga

    • Preténdese facer unha introdución a
      estes dous sistemas operativos e amosando como se poden realiza-las
      tarefas máis habituais con calquera deles. Para elo, se presentarán as
      características e funcionalidades básicas que comunmente necesita coñecer calquera usuario/a dun ordenador:

      • O Escritorio

      • O panel de control

      • A estrutura de carpetas e ficheiros

      • A instalación de programas e dispositivos


  • Demostración práctica da instalación e
    configuración básica dunha distribución Linux, por Luis Alberto
    Lorenzo, Moisés Gómez e Ricardo Veiga

    • Linux é un sistema operativo aberto,
      e polo tanto, está dispoñible para que calquera persoa poida
      estudia-lo, usa-lo, modifica-lo e redistribuí-lo. Baséase pois na utilización de filosofías e metodoloxías libres que dan lugar a
      proxectos libres e non libres, así como a productos gratuítos ou non.
      Trátase de facer unha primeira aproximación ó sistema operativo Linux
      que permita realizar unha instalación sobre un equipo con Windows
      preinstalado (ou non), utilizando un sistema con particións e un xestor
      de arranque, e a posterior configuración básica dese sistema. Unha distribución de GNU/Linux é
      unha variante dese sistema operativo que incorpora determinados
      paquetes de software para satisface-las necesidades dun grupo específico de usuarios/as, dando así orixe a edicións para o fogar,
      empresariais e para servidores. Poden ser exclusivamente de software
      libre
      ou tamén incorporar aplicacións ou controladores privativos.

      • "party linux"

Actividade adicada á instalación dunha distribución Linux e Software Libre nos equipos persoais dos participantes co apoio dos profesores e profesoras colaboradores da SSL.
O/A participante achegará o seu equipo ao centro, onde habilitaremos unha aula para o desenrolo da actividade. O equipo pode ser portátil ou de sobremesa, neste último caso, a organización facilitará os periféricos necesarios.
Para aquelas persoas que desexen participar e non dipoñan de equipo persoal propio, a organización, na medida do posible, facilitarálle un equipo para a realización da actividade.
Crearanse quendas de traballo en horario non lectivo.

II Concurso fotográfico Axenda 21. IES A Sangriña

BASES 

Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 26 de xaneiro e o 24 de abril.

Temática: O Río Miño e o seu entorno

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 x 25. Tamén se presentarán en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum. Cada fotografía irá acompañada dun título e un pequeno texto ou pequeno relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía. Entregarase nun sobre e acompañarase outro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo o autor. O número máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 4 ao 14 de maio haberá unha exposición pública dos traballos.

Categorías e premios: Existirá unha única categoría. Entregaranse tres premios:

1º clasificado - Diploma e unha cámara dixital

2º clasificado - Diploma e un MP4

3º clasificado - Diploma e MP3

A entrega de premios será o 15 de maio.

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases. As fotografías pasarán a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut