Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Visita dos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ó Centro de recursos zooxenéticos de Galicia


O 3 de febreiro alumnos de Bioloxía e Xeoloxía do IES A Sangriña visitaron o Centro de recursos zooxenéticos do pazo de Fontefiz, na provincia de Ourense coa finalidade de coñecer os traballos encamiñados á conservación das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, visitar a explotación de gando vacún (razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) e coñecer as actividades de recuperación doutras especies autóctonas como a de porco celta, galiña de Mos ou ovella galega.
 
A actividade encádrase dentro do programa anual de actividades do Departamento de Ciencias Naturais do IES A Sangriña organizada, neste caso, pola Xefa de Departamento Olga Mijón e o Profesor Juan Hermida.
 
O Centro de recursos zooxenéticos de Galicia - pazo de Fontefiz dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia (http://mediorural.xunta.es/areas/gandaria/centro_de_recursos_zooxeneticos/)

Reportaxe da visita ó esteiro do Miño. Cortesía da TVG

Exposición Expometeoro de Meteogalicia

Dende hoxe e ata o vindeiro día 28 de xaneiro, nos corredores dos LABORATORIOS do noso IES, atópase a exposición EXPOMETEORO de Meteogalicia

Un total de 12 paneis para aproximarnos ao mundo da meteoroloxía dende a perspectiva da ciencia e da lingua:

   * Clima e tempo non son o mesmo
   * Onde a terra manda no aire
   * Tempo e lingua
   * O clima do pasado
   * Magnitudes I
   * Magnitudes II
   * As nubes
   * Mapas do tempo
   * Observación do tempo
   * Meteoroloxía extrema
   * Predición meteorolóxica
   * O sol, motor do mundo

Non pases de longo, párate diante e aprende!

xaneiro 2011

Visita a E.D.A.R de A Guarda

No día de hoxe, martes 24 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) do noso Concello. A actividade está organizada polo Seminario de Bioloxía-Xeoloxía e a A21EG, contando co asesoramento da empresa que leva a xestión da planta para o Concello.

A EDAR está pensada para unha poboación equivalente de 23.000 habitantes, para un caudal medio de 268,30 m3/h, podendo chegar a un caudal máximo de 644 m3/h. A depuradora consta de dúas liñas diferenciadas:

1ª. Liña de auga:

A auga residual que chega é sometida en primeiro lugar a un pretratamento para a eliminación das materias sólidas grosas e finas, da area e máis da graxa. Despois pasa ao biolóxico de aireación prolongada, caracterizado pola súa flexibilidade e baixo custo. A decantación é o seguente proceso, onde se consegue a clarificación da auga xa depurada. Por último a auga sométese á desinfección por raios ultravioleta.

2ª. Liña de lodo:

O lodo que se produce, recircúlase constantemente do decantador ao biolóxico. Os lodos en exceso envíanse ao espesador para sometelos a un acondicionamento químico que permita a súa centrifugación, e deste xeito que sexan aptos para o transporte (compost que se emprega como fertilizante).

Esta actividade, xunto con outras, sitúase na conmemoración do Día Internacional da auga, celebrado o pasado domingo 22.

Distribuir contido


by Dr. Radut