Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

O proxecto "estudo xenético e ecolóxico do caracol Cepaea nemoralis (L)" preséntase no XVIII congreso da ENCIGA

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía presentou o proxecto "Estudo xenético e ecolóxico do caracol Cepaea nemoralis (L)" no XVIII congreso da ENCIGA, celebrado en Sarria (Lugo) os días 19, 20 e 21 de novembro.

Podes consultar máis información no blog de contratos programa 

Exposición InvestigArte

Ata o próximo venres 6 de marzo de 2015 estará instalada na planta baixa do centro a exposición "Investigarte", cedida pola Fundación Barrié.

O noso instituto foi un dos centros seleccionados para poder gozar desta exposición itinerante que inclúe as obras ganadoras do concurso de arte visual e tecnolóxica que cada ano organiza educaBarrié.

Alumnado de 4 ESO analiza sedimentos no CUVI

Alumnos e alumnas de 4º de ESO desprazáronse ás instalacións dos laboratorios de Xeoloxía da Facultade de Ciencias para analizar sedimentos recollidos ao longo da desembocadura do río Miño.

Baixo a supervisión do Dr. Miguel Nombela e acompañados polo Profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Juan Hermida, o alumnado realizou unha caracterización de sedimentos en base á súa composición granulométrica e contido en CaCO3, que foron recollidos ao longo da desmbocadura do río Miño, desde Eiras ata a praia de Area Grande.

O obxectivo da investigación é describir como varían os parámetros analizados ao longo do tramo analizado.

Este traballo de investigación enmárcase dentro do Proxecto "Un Mar de Coñecemento" que se vén desenvolvendo ao abeiro dos contratos Programa que o IES A Sangriña vén desenvolvendo nos últimos anos en colaboración co Campus do Mar.

Podes seguir as novas do Proxecto neste enlace.

Exposición "Galicia no lombo da balea"

Durante esta semana, o IES A Sangriña acolle a exposición "Galicia no lombo da balea".

Trátase dunha exposición elaborada pola CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) adicada á caza da balea en Galicia. Ademáis de paneis informativos a exposición contén diversas pezas do esqueleto de diversos mamíferos mariños, instrumentos tradicionais para o manexo das baleas nas factorias, utensilios feitos con osos de balea e dentes, etc.

O venres 16 de maio o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistirán a unha charla desenvolvida por personal da CEMMA.

 

  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut