Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Estudo topográfico e da biodiversidade da praia da Lamiña

15/12/2016 08:20
Etc/GMT+1

 

foto grupo

Alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e de Portugués de 4º de ESO realizaron unha actividade de campo na praia da Lamiña para determinar o seu perfil topográfico e estudar a súa biodiversidade vexetal. A actividade estivo guiada pola profesora de Portugués Marisa Guerra e o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Juan Hermida.

A actividade práctica enmárcase dentro das actividades complementarias do alumnado nas correspondentes materias así como no estudo que o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía leva realizando nos últimos anos da desembocadura do río Miño ao abeiro do proxecto “Un mar de coñecemento” dentro dos contratos programa.

Nesta ocasión o alumnado determinou o perfil topográfico da praia, actividade que volverán repetir en primavera xa que o perfil topográfico das praias cambia ao longo do ano en fución das estacións meteorolóxicas. Así mesmo, realizouse un estudo da biodiversidade vexetal dos fenais, o que permitirá determinar as diferentes adaptacións das especies vexetais a este medio físico. O alumnado de Portugués, realizará un estudo das especies vexetais, a súa relación coa denominación en lingua portuguesa e a súa importancia etnográfica.

Os resultados destes traballos exporanse a final de curso para toda a comunidade educativa.

Un monstro vén verme

24/11/2016 08:20
24/11/2016 16:30
Etc/GMT+1
Onte 109 alumnas e alumnos de 1° e 2° de ESO gozaron dunha xornada didáctica diferente: asistiron ao cine en Vigo, onde viron a película Un monstruo viene a verme, e visitaron o Museo Etnográfico Liste, onde percorreron cun guía as 8 exposicións permanentes sobre diferentes aspectos da nosa cultura, e unha exposición itinerante, "En feminino: a silente presenza", que busca reflectir o traballo feminino dos derradeiros séculos en Galicia. Mágoa que o tempo non permitise completar o programa co paseo botánico polo Castro, tal como estaba pogramado.

Visita ao Instituto de Acuicultura, Museo de Historia Natural e IGAFA.

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía visitou o 6 de abril o Instituto de Acuicultura e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

No Instituto de Acuicultura o alumnado de 2º de Bacharelato puido observar a aplicación da biotecnoloxía ó mundo da acuicultura. Especialmente na caracterización dos microorganismos patóxenos de peixes e outros frupos aniamais de explotación comercial en acuicultura.

No Museo de Historia Natural O alumnado de 1º de Bacharelato puido observar unha gran biodiversiade de especies animais procedentes de distintas partes do mundo. Asimesmo, na sección de Xeoloxía puideron observar unha gran diversidade de minerais e rochas.

Finalmente no Instituto Galego de formación en Acuicultura o alumnado puido ver as instalacións para a impartición dos ciclos medios de operacións subacuáticas e hiperbáricas e de cultivos acuícolas e para o ciclo superior en acuicultura.

O alumnado foi acompañado polas Profesoras Paula Álvarez e María Traveso do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e Susana Fernández do Departamento de Música.

Alumnado de 4º ESO investiga na Universidade de Vigo

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO A acudiu o pasado mércores 10 de febreiro aos laboratorios de Xeoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo para realizar unha análise de sedimentos da desembocadura do río Miño.

O traballo de investigación centrouse na análise granulométrica de mostras de sedimentos recollidos na praia de A Lamiña mediante un proceso de tamizaxe en seco. Así mesmo, realizouse unha determinación do contido en carbonato de calcio, o cal é indicativo da actividade biolóxica no areal.

Nos últimos anos o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía vén desenvolvendo este tipo de traballos ao longo dunha ampla marxe da desembocadura do río Miño e este ano o alumnado presentará os resultados dos seus traballos ao Premio Luís Freire, convocado polos museos coruñeses. Concurrirán tamén a este certame científico outros dous traballos que teñen por obxectivo actualizar a pegada ecolóxica do centro e a influencia das fases lunares nos nacementos.

Podes ver máis información consultando o BLOG de Contratos Programa

Distribuir contido


by Dr. Radut