Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

O alumnado de 4º ESO investiga na Universidade de Vigo.

22/05/2013 15:00
22/05/2013 20:00
Etc/GMT+2

O alumnado de 4º de ESO, participante neste curso 2012-2013 no proxecto “Un mar de coñecemento”, no marco dos Contratos-Programa, desprazouse ao Laboratorio de Sedimentoloxía, dirixido polo profesor Dr. Miguel Ángel Nombela do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo. O alumnado realizou tres actividades prácticas co obxectivo de caracterizar os sedimentos de tres praias de A Guarda.

Para saber máis, aquí.

“Un mar de coñecemento” nas Illas Cíes. Maio de 2013.

27/05/2013 00:00
27/05/2013 20:00
Etc/GMT+2

O pasado 27 de maio o alumnado que participa no proxecto “Un mar de coñecemento” realizou unha visita didáctica ao Parque Nacional Marítimo–Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Foi unha xornada de traballo moi intensiva que incluía os seguintes obxectivos: recoñecemento das especies máis características do intermareal rochoso atlántico, coñecemento da flora dunar e observación das colonias de aves mariñas que aniñan no arquipélago das Illas Cíes, ademais de valorar a importancia de preservar as illas atlánticas debido a súa riqueza biolóxica.

Premer aquí para saber máis.

Visita didáctica ao IGAFA (Illa de Arousa)

29/04/2013 08:20
29/04/2013 14:00
Etc/GMT+2

O pasado 29 de abril o alumnado de 1º Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía visitou o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O Centro está dedicado a impartir varios ciclos formativos entre os que destacan os de acuicultura e de mergullo profesional. Visitamos as distintas instalacións onde levan a cabo os cultivos de distintas especies mariñas. Cultivos de moluscos bivalvos (ostra, ameixa), crustáceos (centola e lumbrigante), peixes (robaliza, rodaballo, linguado etc.), cultivos auxiliares (fitoplancto e zooplancto). A zona dedicada a acuariofilia, con acuarios tropicais e tamén de auga fría que conteñen especies moi características, e tamén fixemos un percorrido pola zona de mergullo recibindo información sobre os instrumentos que emprega o alumnado e as probas que deben pasar para cursar o ciclo: cámara hiperbárica, traxes secos, cámaras de descompresión e outro material de mergullo.

O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" traballa a anatomía e a biotecnoloxía na identificación de peixes

O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" dentro dos contratos-programa continúa profundizando no coñecemento do medio mariño.

Os alumnos e alumnas de 1º ESO estudaron as principais características anatómicas de dous peixes, a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus).

Por outro lado, o alumnado de 4º ESO desplazouse ó laboratorio de Xenética, dirixido por Paloma Morán, do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo do Campus do Mar. Os alumnos e alumnas aplicaron a técnica da PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa) para diferenciar dúas especies de peixes, o salmón (Salmo salar) e a troita (Onchorhynchus mykiss).

Se queres ver máis detalles visita o Blog de "Contratos-Programa" na nosa páxina web.

Distribuir contido


by Dr. Radut