Agradecementos Semana Cultural

Dende aquí queremos agradecer o traballo de todos os participantes na Semana Cultural 2015, a participación do alumnado e o esforzo e a creatividade do profesorado.

Dar grazas particularmente aos colaboradores externos que, desinteresadamente, aceptaron a invitación do noso centro para transmitirnos a riqueza non so dos seus coñecementos, senón tamén os seus valores, como as voluntarias do Refuxio de Cambados e os membros da Asociación Avanzar Umia-Ulla, cos que agardamos contar en vindeiros cursos.