Complementarias

DIPLOMA DE EXCELENCIA PARA O PROXECTO METEOESCOLAS

O proxecto MeteoEscolas, liderado polo profesor Pedro Costas, ven de recibir o diploma de Excelencia outorgado pola Subdirección Xeral de Metereoloxía e Cambio Climático, pola  excelente labor de divulgación desenvolvida durante curso 2021-2022.

 

Parabéns ao profesorado implicado este proxecto!

 

 

A continuación reproducimos o correo recibido coa nova.

 

"Estimados profesores,

 

Resúltanos moi grato enviarlles o diploma de Excelencia, conseguido polo seu centro na participación do programa MeteoEscolas 2021-2022, ó ter acadado a puntuación entre 4.5 e 5. Parabéns"

 

Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Consellería Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019: comprobación

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Consellería de Educación xa fixo pública a relación das listaxes do alumnado solicitante e ábrese un prazo ata o 26 de abril para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Toda a información atópase coma sempre na páxina web deste programa: https://www.edu.xunta.es/axudasle/PaxinaInicio.do

Celebración do magosto

Este venres, día 16 de novembro celebraremos o Magosto no Centro (se o tempo o permite). Para isto e como xa é costume no Centro faremos unha serie de actividades e concursos e finalizaremos con unha chourizada para o que precisamos a colaboración do noso alumnado a través da aportación de  un euro (1 €) para colaborar nos gastos.

Un saúdo e moitas grazas,

Anuncio número premiado rifas do alumnado de 4º

O número premiado no sorteo do lote de productos para recadar fondos para a viaxe de fin de curso da 4º da ESO, celebrado o día 1 de xuño é o 112.

Agradecementos Semana Cultural

Dende aquí queremos agradecer o traballo de todos os participantes na Semana Cultural 2015, a participación do alumnado e o esforzo e a creatividade do profesorado.

Dar grazas particularmente aos colaboradores externos que, desinteresadamente, aceptaron a invitación do noso centro para transmitirnos a riqueza non so dos seus coñecementos, senón tamén os seus valores, como as voluntarias do Refuxio de Cambados e os membros da Asociación Avanzar Umia-Ulla, cos que agardamos contar en vindeiros cursos.

Celebración do magosto

Animámosvos a participar no magosto o venres 8 de outubro, a partir das 11:40. Ademais da degustación de castañas teremos diferentes actividades e xogos populares. Agradecemos a colaboración das familias aportando as castañas e da Concellería de Deportes e Xuventude e de Cándido Mascato polos estupendos xogos populares que nos ceden para esta actividade.

Confirmación horarios da saída en barco

Salvo que as circunsatancias climatolóxicas o desconsellen, o alumnado de 4º participante na saída en barco o martes 19 de marzo, ten que estar ás 16:10 diante da cafetería da estación de autobuses do Grove.

Concienciación coidado animais domésticos.

Mafalda, cadeliña do refuxio


 Dentro da campaña posta en marcha polo Concellaría de Medio Ambiente (máis información premendo aquï), o venres día 13 nos visitarán do Refuxio de Animais de Cambados para instruir aos alumnos de 1º e 2º da ESO no coidado e protección dos animais domésticos. Para saber máis sobre o refuxio, os seus inquilinos e iniciativas visitade a súa web http://www.refugiocambados.es/


Charlas acoso escolar.

Nas vindeiras semanas están previstas diversas charlas sobre o tema do acoso escolar para toda a comunidade educativa. Serán impartidas por persoal da Cruz Vermella dentro do programa "Sen violencia-Convivencia",subvencionado pola Deputación de Pontevedra, e no caso das charlas do día 20, pola Policía Xudicial.


- Alumnado: martes 10 e mércores 11 (2º ESO), xoves 12 e venres 13 (3º ESO), venres 20 (1º e 4º ESO)


- Profesorado: xoves 12 ás 16:30


- Familias: xoves 12 ás 19:00. Dada a importancia do tema, animámosvos a asistir.

Distribuir contido