Actividades

Celebración do magosto

Este venres, día 16 de novembro celebraremos o Magosto no Centro (se o tempo o permite). Para isto e como xa é costume no Centro faremos unha serie de actividades e concursos e finalizaremos con unha chourizada para o que precisamos a colaboración do noso alumnado a través da aportación de  un euro (1 €) para colaborar nos gastos.

Un saúdo e moitas grazas,

Charla "Usos e abusos en Internet" organizada pola Concellería de Educación

As Concellerías de Educación e de Participación Cidadá do Grove organizan o venres, 31 de maio, a charla informativa "USOS E ABUSOS EN INTERNET, NA TELEVISIÓN, NO MÓBIL E NOS VIDEOXOGOS". Será ás 20.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

Terá unha duración aproximada dunha hora e media e estará dirixida a informar e advertir aos pais para que os seus fillos e fillas fagan un uso responsable das novas tecnoloxías, da televisión, do móbil e dos videoxogos.

Charlas acoso escolar.

Nas vindeiras semanas están previstas diversas charlas sobre o tema do acoso escolar para toda a comunidade educativa. Serán impartidas por persoal da Cruz Vermella dentro do programa "Sen violencia-Convivencia",subvencionado pola Deputación de Pontevedra, e no caso das charlas do día 20, pola Policía Xudicial.


- Alumnado: martes 10 e mércores 11 (2º ESO), xoves 12 e venres 13 (3º ESO), venres 20 (1º e 4º ESO)


- Profesorado: xoves 12 ás 16:30


- Familias: xoves 12 ás 19:00. Dada a importancia do tema, animámosvos a asistir.

Distribuir contido