Documentos

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E MATRÍCULA DE HONRA

Tendo como marco a ORDE do 25 de xaneiro de 2022,no IES AS BIZOCAS mantéñense os criterios de promoción, titulación e matrícula de honra alí reflectidos, con algunha modificación. Estas pódense consultar no documento adxunto.

Plan Dixital

No ficheiro adxunto pódese consultar o Plan Dixital do centro.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO 2022/2023

As clases comenzarán o próximo xoves 8 de setembro ás 08:35h e ata as 14:10h.

Haberá servizo ordinario de transporte escolar. Neste primeiro día o alumnado deberá coller o autobús que pare na súa parada. 

Lembrade que no transporte escolar segue sendo obrigatorio o uso da máscara.

Entregaranse os libros de préstamo e os vales para a adquisición de material ao alumnado beneficiario.

Listaxe PROVISIONAL Fondo Libros-Axudas material 2021/2022

Hoxe, 9 de xullo, publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-Axudas material 2021/2022 convocado pola Consellería de Educación (Prazo de reclamacións: nos dous días hábiles seguintes).

Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. Lembramos que os libros asígnanse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

CIRCULAR FAMILIAS

Adxúntase circular para as familias con información importante máis un cartaz infomativo achegado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra, onde ofrece ás familias a posibilidade de formación no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento das ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares.

Calendario Escolar 2020/2021

No arquivo adxunto poden atopar o calendario escolar para o curso 2020/2021

XUSTIFICANTE FALTAS ALUMNADO

Adxúntase modelo de xustificación de faltas do alumnado en formato editable e formato PDF.

As faltas do alumnado deben xustificarse sempre, cubrindo o modelo adxunto e entregándollo ó titor ou titora do alumno ou alumna. Tamén se poderá recoller no centro. Sempre que sexa posible irá acompañado de xustificante médico ou similar.

Distribuir contido