Listaxe PROVISIONAL Fondo Libros-Axudas material 2021/2022

Hoxe, 9 de xullo, publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-Axudas material 2021/2022 convocado pola Consellería de Educación (Prazo de reclamacións: nos dous días hábiles seguintes).

Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. Lembramos que os libros asígnanse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

O alumnado para o que se indica "asignaranse como mínimo 6 libros" tamén resultará beneficiario do vale para mercar material escolar. Unha vez comece o curso entregaranse estes vales xunto cos libros de texto.

Está previsto que o 15 de setembro se publique a listaxe definitiva onde se relacionarán os libros concretos que se lle prestarán a cada alumno/a.

A listaxe poderá consultarse tanto no propio centro como a través da aplicación FONDOLIBROS, accedendo, de ser o caso, a través do menú "Cidadáns"