Segunda convocatoria de AXUDAS para a adquisición de MATERIAL ESCOLAR

 

Segundo publicación de hoxe no DOG, convócase un segundo prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar para o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria, sempre e cando a renda per cápita familiar (do exercicio 2013) sexa igual ou inferior a 5.400 euros. (Para o cálculo da renda per cápita do 2013 hai que sumar os recadros 366 e 374 da declaración do imposto de todos os membros da unidade familiar que presentasen a declaración do exercicio 2013 e dividir o resultado polo número de membros que conforman dita unidade familiar).

 

Destinatarios: o alumnado que non puidse acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e aquel que tendo solicitado dita axuda resultase excluído por unha causa emendable.

 

O importe da axuda é de 50 euros por alumno.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 11 ao 21 de novembro.

 

Xunto coa solicitude deberán achegar a documentación xustificativa nos mesmos termos que o establecido para a anterior convocatoria, así como para solicitar o cheque de libros (a situación familiar a ter en conta é tamén a existente a 31/12/2013), aportando os documentos orixinais así como unha fotocopia dos mesmos.

 

Teñen toda a información desta axuda na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/portal/node/16843

 

A data máxima para usar os vales que se concedan para a adquisición do material escolar será o 30.11.2015 (este incluído).

 

 

 

AdxuntoTamaño
Orde do 6 de novembro, convoc axudas material escolar.pdf834.16 KB
soli MATERIAL ESCOLAR, imprimir da 1 a 3.pdf1.19 MB