CHARLA JAVIER OLLEROS - 4/11/2021

O pasado 4 de novembro, veu visitarnos Javier Olleros, cociñeiro e propietario do restaurante Culler de Pau, que conta con dúas Estrelas Michelín e unha Estrela Verde.

Impartiu unha charla ao alumnado de 3º e 4º sobre como aplican o valor de sostibilidade ao seu labor diario no restaurante. Durante os 50 minutos que durou a charla,Javier non só falou de sostibilidade, ecoloxía ou economía circular, se non que tamén falou da importancia de respectar e valorar o noso patrimonio cultural, do importante que é a axeitada xestión dos recursos humanos; da necesidade de valorar e pór en valor a aportación de cada persoa ao éxito dun proxecto e animou ao noso alumando a crer en si mesmos e perseguir os seus soños.