Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros

Está xa publicado no taboleiro de anuncios do noso centro, a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas do fondo solidario de libros, estando todas as solicitudes admitidas.

O periodo de reclamacións é de 2 días a partir do seguinte á publicación desta listaxe.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados, publicarase antes do día 22 de xullo.

As persoas solicitantes poden consultar esta listaxe no noso taboleiro, ou tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros e empregando a Chave365 ou o certificado dixital.