Galileo Galilei (1564-1642)

Galileo


Galileo (1564-1642) naceu en Pisa, na universidade da cal estudou Medicina e Física. En 1589 foi designado profesor de matemáticas da devandita universidade. En 1592 pasou á universidade de Padua, e despois foi nomeado director do Consello de matemáticos e filósofos do duque de Toscana.


O seu traballo, asentando as bases da teoría Heliocéntrica, considérase unha ruptura das teorías asentadas da física aristotélica e o seu enfrontamento coa Inquisición romana da Igrexa Católica Romana adoita presentarse como o mellor exemplo de conflito entre relixión e ciencia na sociedade occidental. Pola súa minuciosidade investigadora e experimental considerase a Galileo como o precursor do que hoxe adoitamos chamar “ o método científico”


Caida Libre Deixando caer dous obxectos de diferente masa dende a torre de Pissa, Galileo demostrou que a velocidade de caida non dependía da masa do corpo.