Novas

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Faise pública a listaxe cos libros de texto para estudar no IES As Bizocas durante o curso 2020/2021.

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA 2020/2021

 

 

HORARIO PARA A DEVOLUCIÓN DE LIBROS, RECOLLIDA DE BOLETÍNS E OUTROS TRÁMITES

TODO o alumando está citado entre o venres 26 (1º e 4º ESO) e o luns 29 (2º e 3º ESO) para:

- Recollida de boletíns de notas

- Devolución de libros de texto

- Devolución libros da biblioteca

- Devolución ordenadores prestados

- Recollida de sobres de matrícula (aqueles que teñan todas as materias superadas)

 

O horario de citación pode consultarse nas aulas virtuais (TITORÍAS --> grupo correspondente)

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2020/21

Publícase a listaxe DEFINITIVA de alumnad

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2020/21

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2020/2021.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódese consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentou dese xeito).

Poderán formularse reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Información de interese para as familias: "Chave365"

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Debido á nova situación na que nos atopamos, as Programación do curso 19/20 requiren dunha serie de modificacións. Estas adaptacións poden ser consultadas nesta páxina web, no apartado de DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS, entrando en cada unha das materias.

INFORMACIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DE 1ºESO. CURSO 2020/2021

Debido á situación na que nos atopamos, este ano non se levará a cabo a Xornada de Acollida para o novo alumnado.

No adxunto poderedes consultar parte da información que se facilitaría nesta xornada.

 

MEDIDAS PARA A ATENCIÓN PRESENCIAL dende o 11/05/2020:

 

1.- Será IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA para acudir presencialmente ao instituto para realizar calquera tipo de trámite, chamando ao teléfono 886 151 420 ou por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido