Nais/Pais

Información a Nais e Pais e documentos de interese

Reunión familias-titores

O xoves 16 de outubro terán lugar as reunións das familias cos titores de cada curso no seguinte horario:

18:00, familias de 2º da ESO

18:30, familias de 3º e 4º da ESO

19:00, familias de 1º da ESO

Horarios de atención ás familias

No adxunto poden consultar o horario de atención de cada docente ás familias. Prégase solicitar a cita coa suficiente antelación para permitir ao profesorado recopilar toda a información relativa ao estudante, e atendelos coa maior calidade posíble.

Horario de atención ás familias (curso 13-14)

No adxunto poden consultar o horario de atanción ás familas do profesorado titor  e do resto dos docentes. Lémbrase que deben pedir cita con anterioridade,  por medio do seu fillo ou filla ou ben chamando ao centro (986738452), para que os titores podan recoller toda a información do profesorado do grupo.

Charla Motivación para o estudo organizada pola Concellería de Educación do Grove.

Desde a Concellería de Educación do Grove organízase unha nova actividade dirixida a nais e pais con nenos en idade escolar, independentemente do curso no que estean matriculados. A charla "MOTIVACIÓN PARA O ESTUDIO. GUÍA PARA PAIS E NAIS" desenvolverase o vindeiro venres, 12 de abril, ás 19.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

Aviso xornada de folga 14 novembro

O mércores 14 de novembro o Centro estará aberto como así o establece o Decreto 214/2012 do 8 de novembro (DOG nº 215 do 12 de novembro). Sen embargo, non haberá servicio de cafetería no recreo, polo que se lles recomenda traian da casa algo de comer para media mañá.

HORARIOS GRUPOS

No adxunto poden descargar os horarios dos grupos, así como consultar o profesorado que imparte clase nos mesmos.

Horarios de atención ás familias

No documento adxunto poden consultar os horarios  de atención ás familias dos titores e de todo o profesorado. Lembren pedir cita con antelación chamando ao Centro ou por medio do alumno.


 

Reunión familias-titores 2º trimestre

Achégase circular sobre a reunión trimestral das familias co profesorado titor e outras informacións.

Distribuir contido