Skip to Content

Dinamización lingüística

Letras 2016

portada app

Google Play

   

Unha App para Manuel María no Día das Letras.

Créditos

Programación: Alberto Suárez.

Ilustracións: Lorena Amor, Martín Avecilla, Saray Boo, Carmen Cabanas, Carmen Dovigo, Carolina González, Tamara Rama, Sara Rodríguez, David Torreiro e Aaron Veira.

Interface gráfica: Silvia Fernández.

Coordinación: Departamentos de Debuxo e Lingua galega.

Coa colaboración da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

 

Correlingua 2016

O galego está en nós!

 

 

 

Visita de Emma Lustres de Vaca Films

Co obxectivo de achegar o alumnado ao panorama cinematográfico contamos coa presenza de Emma Lustres da produtora Vaca films. Puidemos coñecer de primeira man cal é a función dunha produtora de gran relevancia no panorama galego, estatal e internacional.

Galego a nosa creación común


photocall correlingua 2015

Visita de Valentim Fagim

O pasado xoves 16 de abril visitou o noso instituto Valentim Fagim, licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa, diplomado en Historia e actualmente vicepresidente da Assocciaçom Galega da Língua e profesor de portugués na EOI de Ferrol.

Nesta actividade de sociolinguística, na que estivemos presentes todo o alumnado de primeiro de bacharelato, Valentim informounos de que o galego e o portugués non son linguas diferentes como moita xente pensa, e que grazas a coñecer o noso idioma, o galego, podemos comunicarnos con outros países lusófonos como Portugal, Brasil, Angola, cousa que non moita xente pode facer.

Reflexionamos sobre as numerosas vantaxes que ten aprender novos idiomas como poder comunicarnos con xente doutros países, ter maior facilidade para atopar postos de traballo e seranos moito máis doado aprender novas linguas.

Temos que agradecerlle a Valentim esta visita ao noso instituto pois, alén de achegarnos información sobre o noso idioma, pasamos un momento moi agradábel e divertido.

María Varela Bemúdez, alumna de 1º BAC

Candeloria 2015

O pasado 2 de febreiro celebramos no noso IES David Buján o Día da Candeloria, o día dos namorados. O 2 de febreiro, día intermedio entre o solsticio de inverno e o equinocio da primavera, celébrase o aumento da luz e o espertar das sementes enterradas na fría terra. Esta xornada está inzada de simbolismo, as sementes e o sol, fonte de calor e de luz que permite o crecemento e a reprodución, están fortemente ligados á fertilidade, á unión e ao amor. Os ritos de predición e matrimonio celébranse nestas datas baixo a protección dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade.

Esta festa pagá precristiá, que celebra a chegada da luz e do amor, aparece recollida no noso refraneiro: “Pola Candeloria ningunha ave voa soa” ou “Pola Candeloria casan os paxariños nas árbores”.

O Centro abriu as súas portas preparado para a ocasión, globos en forma de corazón e fitas vermellas adornaban o vestíbulo; as portas das aulas lucían paxariños que anunciaban o Día da Candeloria e o alumnado de 4º da ESO vendeu doces con poemas de amor galego-portugueses.

Alumnos e alumnas participaron no concurso “Tatuaxes de (des)amor” e para este momento especial colocamos un photocall polo que puideron desfilar para ser fotografados. O xurado resolveu premiar, logo de valorar a súa orixinalidade, catro tatuaxes realizadas por: Martín de 3º ESO A, Carmen 4º ESO B, Rocío e Alicia de 1º BAC, e Iria, Elisabet e Lorena de 2º ESO B.

Correlingua 2015

14/05/2015 00:00
14/05/2015 23:59
Atlantic/Bermuda

 

correlingua

 Galego, a nosa creación común.

Distribuir contido


by Dr. Radut