Skip to Content

Dinamización lingüística

I Concurso de Caligramas

 

Para celebrar o Día Mundial da Poesía 2019 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o departamento de Lingua Galega convocan o I Concurso de Caligramas.

Ademais este ano imos aproveitar para coñecer e homenaxear Sombra do aire na herba de Luís Pimentel cando se cumoren 60 anos da súa publicación.

PARTICIPA. HABERÁ SUCULENTOS PREMIOS

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

- INFOGRAFÍA SOBRE O CALIGRAMA

- ANTOLOXÍA DE SOMBRA DO AIRE NA HERBA

- BASES DO CONCURSO

Fallo concurso Mail Art 24 de febreiro

Presentáronse ao concurso 55 creacións. O xurado premiou  11 traballos, por consideralos dunha calidade excelente.

Grazas a todos os que participaron na iniciativa e noraboa aos premiados, que podes consultar AQUÍ

Nos próximos días as postais artísticas chegarán aos seus destinatarios.

Premio de poesía "Carmen Villaverde"

O Instituto Nº1 de Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro, convoca o premio de poesía Carme Villaverde

Poderá participar o alumnado de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2018. Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega. O prazo de presentación remata o 3 de maio de 2019 ás 14:00 horas.

BASES

Tamén podes consultar as bases na cortiza do EDLG

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta máis importante da literatura galega moderna.

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a AELG  propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. No IES David Buján  o alumnado de 1º e 3º da ESO fixeron flores de cartón reciclado e fóronas regalar á vila, xunto con poemas da autora.

A actividade pretende difundir a data fóara da escola e, ao mesmo tempo, ligar a lingua coa ecoloxía (ecoloxismo lingüistico). A actividade foi un éxito.

A prensa fíxose eco da nosa iniciativa

GRAZAS RAPAC@S

Máis fotos

21 de febreiro. Día da Lingua Materna

 O 21 de febreiro de cada ano celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999.

As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto o tanxible como o intanxible. Todas  as iniciativas dirixidas a difundir as linguas maternas servirán, non só para incentivar a diversidad lingüística e o multilingüismo, senón tamén para crear unha maior conciencia sobor as tradicións culturais en todo o mundo e promover a solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.
Nós no centro celebrámos a data  difundidndo estes catro vídeos:
 
Son moi interesantes para reflexionar sobre as linguas, o seu papel, e a necesidade de compromiso dos falantes para que perduren.
Preme no nome de cada vídeo  para poder visionalos
 
Hoxe é un día máis para sentirse orgulloso do noso pobo, feliz día da nosa lingua. Non esquezas que sen falar galego, Galicia é un pouco menos. Para demostrar o orgullo de ter unha lingua de noso estamos  a facer un vídeo: "Eu falo galego porque ... " Participa. Tamén pode participar a túa familia e amigos. Preme no enlace ou pregunta ao EDLG do centro.
 
Móstrase orgullos@ da túa lingua materna
 

11 de febreiro. Día da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe celebramos o día coa inauguración da aula de informática que leva o nome da matemática coruñesa e cunha conferencia de María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar, dúas matemáticas da UDC que traballaron sobre a figura de María Wonenburguer.  Aistiron ao acto os alumnos de 1º de BACH.

Día de Rosalía de Castro. I Concurso de mail art

O EDLG e o departamento de Plástica convocan o I concurso de tarxetas artísticas sobre Rosalía de Castro. As creacións deben contar cunha ilustración orixinal e un poema (ou fragmento) da autora.

O EDLG encargarase de facer chegar a postal ao seu destino. Axuda a dar a coñecer esta celebración fóra do centro.

Consulta no blogue do EDLG do IES David Buján as bases do concurso e dúas antoloxías de Rosalía de Castro ilustradas que che poden servir de inspiración.

Blogue Dinamización Lingua Galega

CASA-MUSEO MANUEL MARÍA: Concurso de rectado de poemas e de videopoemas

A Casa Museo de Manuel María acaba de convocar os dous concursos  que a Fundación promove dirixido ao alumnado galego de estudo non universitario da ESO, Bachrelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas artísticas.

Nos seguintes enlaces podes coñecer as bases que rexen os dous concursos:

- V Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" ( sobre poemas de Manuel María e Rosalía de Castro). BASES

- III Concurso de videopoemas Sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. BASES

Anímate e participa!!

Charla-concerto ZËNZAR

O próximo día 23 de xaneiro os alumnos de 1º de bach e 4º da ESo terán a ocasión de escoitar a Zënzar, a banda de Cerceda,  roqueira pero coma sempre con arroutadas punkies, heavies e tradicionais.

O grupo galego,  os "Padriños do rock galego", gañadores de varias das últimas edicións do concurso musical do Correlingua, o "Cantalingua", votados polo propio alumnado galego, ofreceránnos un concerto e unha charla sobre música e lingua, cun pequeno repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela.

Dende os seus inicios, no 1987 no grupo Mordor, a banda  tivo diferentes composicións. No 1993 pasan a chamarse Zénzar.  Na actualidade, con nove  traballos no mercado,  forman parte do grupo:

Manolo García, batería. Membro fundador de Zenzar, batería e letrista. Tamén colaborou con grupos coma Kastomá , Chícharo Psicótico ou a Banda Meljacha.

Xosé A. Bocixa . voz. Membro fundador de Zenzar, unha das voces da Banda Meljacha e colaborador en moitos discos de grupos Galegos. Membro activo do asociacionismo galego dende fai moitos anos e de movememtos como Burla Negra, Amelga, etc. Traballou en radio mais de 15 anos ata que o deixou por non ser sumiso aos dictados do político de turno. Actor de Dobraxe, productor de eventos, guionista e realizador de documentais coma “ As Encrobas. A Ceo Aberto”

Paco Cerdeira. Guitarra e voces. Membro tamén de Mama Cabra. Estivo tamén en grupos coma  A Banda Meljacha ou Lady Croff. Técnico de són e productor, incorporouse ao grupo no 2006.

Mario Grela. Guitarra e voces. Guitarrista e compositor , que se incorporou a Zenzar no 1997 logo de disolverse Nasser, o seu primeiro grupo.

Laura Romero. Baixista. Decide cambiar a guitarra clásica polo baixo eléctrico fai 10 anos, pero non é ata o 2013, durante o derradeiro curso de Belas Artes en Salamanca, que comeza tocando por primeira vez nunha banda, no grupo de funky-pop The Coy Kois. Formado por catro mozas (guitarra, voz, baixo e teclados) e un mozo á batería, a banda graba o seu primeiro EP, Superblock. Pásase ó rock ó rematar a carreira e voltar a Ordes, onde se une á banda Velvet Rain. Actualmente compaxina a música (en Zënzar) coa pintura artística tanto persoal como por encargo.

As letras de Zënzar falan  das súas raíces nunha aldea que esmorece,  da condición de galegos sen complexos,  dos inicios roqueiros, das contradiccións do ser humano ("Nada que perder"), da corrupción ( "Que decepción"), do estado do malestar e da necesidade dun cambio social ( Nada que perder". "Non"), da desigualdade de xénro (" Xente fala), sobre a morte ( A última viaxe") . Tamén hai espazo para defender e reivindicar a nosa cultura e o idioma (O galego"), así como para facer unha reflexión sobre o camiño percorrido polos membros da banda ("Todo vai ben"),  ou para afondar nas relacións  de parella e no amor ("Contigo e sen ti", "Sempre no corazón"). Aínda que non fan moitas daptacións de poesías galegas hai que destacar "Cortina", sobre un poema de Díaz Castro onde se fala das duras condicións de vida dunha familia labrega;  e " Non", un poema de compromiso e solidariedade.

Podes consultar o noso blog de música galega para escoitar algúns dos seus temas, ou ben estoutras páxinas onde atoparás información sobre a banda e tamén poderás escoitar a súa música

Distribuir contido


by Dr. Radut