Skip to Content

Dinamización lingüística

MUSIGAL 2019

MUSIGAL é un proxecto de dinamización lingüística e cultural  desenvolvido no centro por primeira vez   e que ten por obxectivo divulgarmos a música  galega actual entre a nosa comunidade educativa. O premio tenta crear un premio para aquel grupo ou intérprete  cuxa canción resulte gañadora entre todas as publicadas no ano anterior, neste caso , entre todas as do 2018.

O certame  ten varias fases. Na primeiro, o xurado selecciona as sete mellores cancións en lingua galega publicadas no ano anterior. A continuación, ábrense as votacións virtuais  para toda a comunidade educativa e elíxense os gañadores. Por último, convídanse os artistas que resultaron gañadores para vir actuar ao centro e recibir o premio.

As cancións finalistas nesta edición foron:

- Deixaas de Mercedes Peón

- O baile de Noró de Xabier Díaz &Adufeires de Salitre

- Antón Revolución de Susana Seivane

- Desdibuxar de Guadi Galego

- Terra Mollada de Milladoiro

- Que non mo neguen de Tanxugueiras

- Pólvora e tormenta de Ezetaerre

 

Podes escoitar as canción finalistas e votar AQUÍ

 

Exposición sobre o traxe tradicional galego

Dentro das actividades que no centro se preparan para festexar o Día das Letras Galegas figura esta exposición sobre o traxe tradicional galego feita coa colaboración da Asociación As Mariñas e a Concellaría de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística do concello de Cambre.

Antonio Fraguas dedicouse  ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especia atención e mestría á etnografía. Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos,  desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos  Galegos Padre Sarmiento, constituído en 1944, no que foi bibliotecario, secretario e directaor da sección de Etnografía e Folclore. En 1969 organizou nesta institución unha exposicón sobre o traxe tradicional galego. Os seus estudos sobre esta cuestión viron a luz nun libro publicado en 1985, El traje gallego.

-EXPOSICIÓN

-VÍDEO

Día das Letras Galegas 2019. Antonio Fraguas

O persoeiro ao que se dedica este ano o Día das letras Galegas é o polifacético Antonio Fraguas Fraguas.

Antonio Fraguas é un referente da conxugación do saber tradicional enciclopédico á hora de abordar o estudo da cultura galega, da posta en valor da tradición, do respecto pola orixe e da ansia por coñecer, conservar e seguir creando unha cultura propia.

Esta páxina, que difunde unha serie de recursos propios e alleos, quere axudar ao coñecemnto do seu pensamento, afondar nas súas obras e animar ao noso alumnado a seguir os seus pasos, polo ben da nosa lingua e cultura.

RECURSOS:

- O portal da lingua

- Exposición Antonio Fraguas. IES Álvaro Cunqueiro. Vigo

- Guía didáctica da exposición do IES Álvaro Cunqueiro. Vigo

- Unidade Didáctica Antonio Fraguas Fraguas do Museo do Pobo Galego

- Vídeo Historias da vida. Antón Fraguas. Consello da Cultura Galega

- Vídeo da exposición

Palabras con memoria

 

Este ano  o centro impulsa esta actividade, que conta cunha certa tradición no centro, no mes de maio para celebrar o Día das Letras Galegas, tendo en conta o perfil do homenaxeado.

Visita o andar superior, ao lado da biblioteca,  e participa na actividade.

INFORMACIÓN

Correlingua

O día 3 de maio celebrouse o Correlingua na Coruña.  Foi a décimo novena edición desta carreira  reivindicativa que quere sensibilizar a poboación sobre a situación na nosa lingua a través  dos máis novos, e ao mesmo tempo motivar a reflexión.

O lema deste ano foi O galego é a fórmula  para centrar a atención na necesidade de que o galego estea presente en todas as materias do ensino, tamén nas do ámbito científico.

No noso centro participaron os alumnos de 1º da ESO. Despois de reflexionar nas aulas fóxose un obradoiro de taller de camisetas onde cada un estampou o seu lema e deseño.

No blog do EDLG do centro hai máis información sobre o obradoiro

Distribuir contido


by Dr. Radut