Skip to Content

Dinamización lingüística

Saída cultural: Exposición Alba de Gloria e Mupega

 O día 11 e 16 deste mes o alumnado de 4º da ESO e 1º de BACH (antropoloxía) visitarán o Museo do Pobo Galego e o Panteón dos Galegos Ilustres, para visitar o museo, moi emparentado coa figura de Antón Fraguas, ao que se lle dedica no 2019 o Día das Letras Galegas, e a Exposición Alba de Gloria.

O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu histórico discurso Alba de Groria no marco do festival do Centro Gallego de Bos Aires, celebrado no Teatro Argentino da cidade. Foi, ademais, o seu derradeiro discurso e polo seu contido e significación histórica converteuse nun dos fitos simbólicos para o nacionalismo e o soberanismo galegos. Este 2018 que acabou celebrouse o 70 aniversario  daquela data. Por tal motivo  o Consello da Cultura Galega  impulsou unha inaugurar unha exposición, titulada igualmente Alba de Gloria, que analiza e recrea o contido do discurso, o seu contexto histórico e a súa influencia posterior.

O obxectivo, destaca o Consello da Cultura Galega  é "plasmar, dun xeito inédito en Galicia e empregando tecnoloxía innovadora" a alocución de Castelao, que "encerra en si mesmo dous grandes valores: por unha banda, ser unha peza clave para a oratoria en lingua galega e, por outra, ser tamén unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega ao enumerar as figuras relevantes que axudaron a configurar a cultura galega", sinala.

"Si no abrante d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicions, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única". Así comezaba o histórico discurso,aínda que os dous primeiros parágrafos do discurso xa foran escritos un ano antes e forman parte do primeiro capítulo do libro IV de Sempre en Galiza.

Para máis información, preme

 

Versos en pegatina. Taller de escritra creativa con Antía Otero

"O galego a miña lingua propia"  é unha campaña de normalización lingüística promovida pola Deputación da Coruña para compartir a fortaleza da nosa lingua a través de profesionais de múltiples sectores que empregan o galego como lingua propia na música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, entre outros. A campaña está dirixida ao alumnado de secundaria e pretende reforzar a  súa auoestima lingüítica.

Ao noso centro veu a escritora Antía Otero e levou a cabo un  obradorio de escritura creativa  para o alumnado de 3º da ESO titulado "Versos en pegatina"

Cuestionarios de usos lingüísticos

Para unha adecuada planificación lingüística é preciso coñecer os usos, as competencias e as actitudes sobre a lingua galega da comunidade educativa. 

Estes cuestonarios, cos que coñeceremos mellor a realidade lingüistica do centro, son completamente anónimos.

Preme no enlace correspondente, completa todas as preguntas do cuestionario e dálle a ENVIAR. Grazas pola túa colaboración

ALUMNADO

 

MATRIARCAS

Desde o Equipo de Dinamización da Língua Galega editamos un traballo coas alumnas de 1º ESO para a Semana contra a Violencia de xénero  imitando o video de Guadi Galego "Matriarcas". 

25 de novembro. Autocolantes

A semana do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do Voluntariado Lingüístico elaborou, e despois repartiu polo centro, unhas pegatinas para concienciar sobre o problema do machismo e do maltrato. Eran moi bonitas e tiveron moito éxito. Grazas

Podes velas aquí

I Concurso " Libros que ler"

O Equipo de Dinamización  da lingua Galega do centro acaba de convocar o I Concurso de recomewndacións literarias audiovisuais en lingua galega. O concurso xa está aberto. tes ata finais de maio de 2019.

Consulta no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro  as BASES

Roteiro Irmandades da Fala e Real Academia Galega

 

O  día 20 de novembro os alumnos de 4º da ESO  va facer un roteiro pola cidade da Coruña onde poderán visitar aqueles lugares máis destacados relacionados coas Irmandades da Fala  e coa Fundación das Real Academia da Lingua (Xardíns de Méndez Núñez, Monumento de Curros, Rúa Real, Casa de Ánxel Casal, Rego da Auga, 38, Teatrro Rosalía, Praza María Pita e a sede actual da Academia na rúa Tabernas). Foi unha visita mo intensa pois aínda  completou coa visita ao Arquivo do Reino  de Galicia onde puidemos ver as actas fundacionais da Irmandades asinada por Antón Villar Ponte e os xardíns de San Carlos.

Concurso: Felicitacións de Nadal

O EDL do centro ten convocado o concurso de Felicitacións de Nadal. Participa e vive un Nadal en galego.

Consulta as bases no Blogue do EDL

 

 

Vídeo Matriarcas

Un grupo de alumnas do Voluntariado Lingüistico de 1º da ESO fixeron este marabilloso traballo  que queren compartir convosco para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Moitas grazas, rapazas!! Moi bo traballo.

Podedes ver o seu vídeo no blogue de EDL

 

Cine en galego: A lingua das bolboretas

A cita mensual co noso cine é o 26 de novembro (o cuarto luns do mes) na aula de 1º ESO A ás 14:45. Este mes a película escollida é A lingua das bolboretas. Son os anos 30 e Moncho está aterrado porque comeza a escola.  Pouco a pouco os seus temores irán desaparecendo grazas á axuda do mestre, don Gregorio, de marcada tendencia progresista, sabio e comprensivo. Pero estala a Guerra Civil... e todo o muda. A película é un canto á liberdade  e ao respecto que se basea entres contos de libro Que me queres, Amor? de Manuel Rivas. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut